Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Noite punk na Sala A Reserva

Compartir:

Noite punk na Sala A Reserva

Seis bandas, de Madrid, País Vasco e Galicia, participarán no Devilchild Fest.

Punk enérxico e crítico, vibrante e acelerado, fará resoar a Sala A Reserva na noite do venres, 3 de abril. Serán un total de seis grupos os que participarán na celebración do Devilchild Fest: o carballés Arabian Evils, as bandas madrileñas Accidente e Perräs Salvajes, as vascas Ura e Ancient Emblem e a viguesa Murdock´s Murder.

O punk e o crust, con letras e voces que berran, literalmente, os males sociais, serán protagonistas na noite. O crust, derivación do punk que se caracteriza por denunciar os males  políticos e sociais definen o estilo de varios dos grupos participantes, tal é o caso de Perräs Salvajes, URA ou Murdock-s Murder. O compromiso contra sexismos, fascismos e racismos así como a identificación con formas de vida como a vegana ou con problemáticas como o maltrato animal forman parte fundamental do modo en que se definen alguna delas.

Máis info na web da Sala A Reserva.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica