Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Correndo baixo o mesmo xugo

Compartir:

Correndo baixo o mesmo xugo

A carreira nocturna solidaria "De 2 en dous" terá lugar o sábado 11 de abril pola noite no centro da vila.

"Parella vella con xugo novo, tira o rego torto. Parella nova con xugo vello, nin torto nin dereito." Non irán atad@s polo xugo, mais si deberán saber avanzar á par, como as vacas e os bois antano, as parellas que compitan este sábado na primeira carreira solidaria noctura "De dous en dous".

É a primeira vez que se fai en Carballo: unha carreira nocturna, solidaria, aberta ás persoas con diversidade funcional e, no caso das categorías adultas, por parellas, que irán atadas da man. A iniciativa, organizada polo Club Atletismo de Carballo, pretende recadar fondos para as ONGs Cáritas e Cruz Vermella. As persoas que participen ou que asistan poderán colaborar con un quilo o un litro de alimentos non perecedoiros. O prazo de inscrición está aberto até o  4 de abril.

Serán en total cinco quilómetros, nun circuito circular polo centro da vila dun quilómetro que haberá que percorrer cinco veces. A saída estará situada preto do Concello, na rúa Gran Vía á altura da rúa Álvarez de Sotomayor. A recollida de dorsais terá lugar a partir das catro da tarde.

Participarán en total seis categorías, con premios para todas elas: categoría pitufo, con medalla para tod@s @s cativ@s que partipen, e benxamín, alevín, infantil e cadete, en categorías feminino e masculino, con trofeos para as tres persoas que chegan en primeiro lugar e medallas para todas aquelas que fagan o percorrido.

Incríbete

"As persoas con diversidade funcional poderán participar cun ou cunha acompañante, se así o prefiren, ou inscribirse nunha categoría inferior á que por idade lles corresponda"

So competirán por parellas @s adultos, a partir da categoría xuvenil, e irán unidos pola man cunha goma elástica.

As persoas con diversidade funcional poderán participar cun ou cunha acompañante, se así o prefiren, ou inscribirse nunha categoría inferior á que por idade lles corresponda, e levar aqueles aparellos de apoio que precisen.

Podedes facer a inscrición aquí ou na páxina www.carreirasgalegas.com


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica