Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Master chef carballeses

Compartir:

Master chef carballeses

Nesta primavera, a única escola de Hostalería da Costa da Morte, a do Fórum, organizará varias actividades formativas a cargo de referentes no sector como Kike Piñeiro, premio Nacional de Gastronomía.

Calle Coruña, en una zona peatonal y muy comercial

Calle Coruña, en una zona peatonal y muy comercial

O saber non ocupa lugar, e menos aínda entre fogóns. Na Escola de Hostalería do Fórum, a única da Costa da Morte, están a organizarse nesta primavera novas sesións formativas. Se es hostaleiro/a e queres actualizarte na elaboración de menús para eventos ou mesmo contar cun premio no sector como para aprender máis sobre como elaborar unha boa tapa, só tes que inscribirte, pois a formación é de balde. Tamén haberá cursos para comerciantes sobre ámbitos como o urbanismo, o márketing e a xestión comercial.

Urbanismo e comercio

O mércores, 18 de marzo, a sesión centrarase na influencia do urbanismo no comercio, en especial, actuacións como a peonalización das rúas. A cargo da xornada, que leva por título " A influencia do urbanismo no meu comercio", estará Beatriz Moar, arquitecta municipal no Concello da Coruña. Será no Fórum, de 21.00 a 22.30h., co fin de facilitar a asistencia da xente que traballa neste sector. As persoas interesadas poden inscribirse na Oficina de Promoción Económica (OPE), chamando ao teléfono 981 709 013 ou enviando un correo electrónico cos seus datos persoais a paulalema@carballo.org.

Marketing e Xestión Comercial

A xornada, que terá lugar o mércores 23 de marzo,  presentaranos a experiencia das profesionais do sector María José AGrafojo e Raquel Fondevila, ex alumnas do Centro Superior de Hostalería de Galicia que estiveron a cargo de postos de dirección en estabelecementos hosteleiros de diversos puntos do estado. O modo de inscrición é o mesmo ca no caso anterior.

Kike Piñeiro, Premio Nacional de Gastronomía

Kike Piñeiro, Premio Nacional de Gastronomía

Elaboración de menús para eventos

O/a responsable dun establecemento de hostalaría ten que ter un dossier informativo claro e atractivo para a súa clientela. Para diferenciarse da competencia e gañar clientes potenciais, débense achegar menús axeitados, sen esquecer xestionar os custos e analizar os resultados segundo o orzamento anual. A facer o orzamento e a outras moitas cousas ensinará este curso que terá lugar o luns 23 e o mércores 25 de marzo, de catro a sete da tarde. As prazas están limitadas a 20. Para inscribirse é preciso cubrir a ficha que abaixo se adxunta e remitila a museo@carballo.org até o sábado 21 de marzo.

Elaboración de tapas

Proximamente tamén terá lugar tamén un curso para a elaboración de tapas, que correrá a cargo d dunha referencia no sector, Kike Piñeiro, premio nacional de gastronomía 2011-2012. O pobrense traballou en cociñas como as do Melía ou o Hostal dos Reis Católicos e, dende que voa en solitario, recalou en San Sebastián, Gijón, León, Salamanca e mesmo Ámsterdam. Irémosvos dando máis detalles do curso próximamente.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica