Marzo na Biblioteca Rego da Balsa
A Biblioteca Rego da Balsa segue a súa intensa programación cultural. Estrea de novas actividades, presentación de documentais, contacontos, faladoiros e aínda máis.
Os faladoiros con Milagros Cotelo
Neste mes de marzo, a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo estrea unha nova actividade, os faladoiros, e faino na tarde do día 5 cunha artista de referencia en Carballo, polo seu bo facer e polo seu exemplo vital, Milagros Cotelo Cada primeiro xoves de mes unha persoa compartirá coas demais a súa experiencia, as súas ideas e propostas, ou introducirá un tema concreto para logo, debater sobre el.
Tal como a describe, dende o Servizo de Normalización Lingüística, Nel Vidal, Milagros Cotelo é un exemplo de capacidade que se pode apreciar nas súas obras, na súa actitude vital e na súa participación activa en múltiples actividades e propostas artísticas, formativas, culturais, sociais… Todo un exemplo de superación e actitude vital que está reforzado polos impedimentos físicos.
Nais e pais contan
Do primeiro xoves de mes, saltamos ao último porque este será o día no que nais e pais, avós e avoas e outr@s familiares que desexen participar, virán á Biblioteca a contarlles un conto á cativada. Será todos os últimos xoves de mes ás seis da tarde.
Desinhibirse á hora de falar en público, promover ese saudable "vicio" de contar, transmitir historias de xeración a xeración e, sobre todo, pasalo ben coa maxia do bo narrar, son obxectivos desta actividade.
Axenda cultural
Angrois no esquecemento. E, como non, neste mes de marzo, a Biblioteca Rego da Balsa proseguirá con constancia e intensidade coa súa axenda cultural. Farao nesta ocasión coa presentación de dous documentais que, por diferentes motivos, nos tocarán preto e fondo. O mércores 11, ás sete da tarde, proxectarase "Angrois no esquecemento", un documental que afonda nas vivencias persoais e nas interrogantes das persoas afectadas pola traxedia do Alvia descarrilado en Compostela o 24 de xullo de 2013.
Derrubando muros con pintura Outro mércores, mais dúas semanas máis tarde, o día 25, proxectarase o documental "Derrubando muros con pintura", que recolle o proceso de elaboración dos murais que compoñen o proxecto de arte urbana que se desenvolve en Carballo dende hai case ano e medio, así como as voces das e dos artistas, internacionais, estatais e locais, que participaron.
E aínda máis
A biblioconta. Pois si, a nosa Biblio poarase a contar. Persoal da biblioteca encargarase de facer para a rapazada un contacontos que definen como tradicional, máxico e fantástico, ao redor de dúas versións dunha mesma historia, a da Carrapuchiña Vermella. día internacional da poesía. facer unha selección bibliografíade materiais para que os nenos poidan achegarse á poesía, tamén en adultos. Será o sábado 7 ás 11 da mañá.
Descubre o enigma. E como as encargadas da nosa biblioteca son tan, tan riquiñas e profesionais, aí nos teñen preparada outra actividade para o mércores 18, ás 8 da tarde. Co xogo "Descubre o enigma", animarán aos nenos e ás nenas que participen a resolver o misterior a través dunha serie de pistas que poderán seguir adentrándose nos propios recursos e materiais da biblioteca.
Celebrando a Poesía e o Teatro. Con motivo do Día da Poesía (21 de marzo) e do Día do Teatro (o 27), na Biblioteca Rego da Balsa prepararannos unha serie de rincóns temáticos cunha selección de materiais bibliográficos, nos que nos darán a coñecer autores e autoras galegas e locais.