Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Celebrando en galego o aniversario

Compartir:

Celebrando en galego o aniversario

Non existía en galego, e nas redes, un videoclip da popular canción de aniversario. Fíxose en Carballo.

"Parabéns para ti / nesta data querida / Moitas felicidades / Moitos anos de vida. / Hoxe é día de festa / cantan as nosas almas / para ti miña vida /  unha salva de palmas! Así di a canción popular coa que, en galego, se celebran os aniversarios. Na Biblioteca Rego da Balsa, inaugurada o pasado outono en Carballo, foi gravado o videoclip que vén de ser presentado co fin de promover o uso do galego nisto de facerse un ano máis vell@s.

É habitual nas redes sociais felicitar o aniversario cun videoclip con algunha das tradicionais cancións que os parabeniza. Até o de agora, non había a posibilidade de facelo en galego. Coa intención de cubrir este oco, a Mesa pola Normalización Lingüística e o Concello de Carballo impulsaron a gravación da canción e do videoclip "Parabéns para ti".

A gravación do "Parabéns para ti", con letra do músico carballés Nanny Mouro, quere promover o uso da popular canción.

A proposta vai dirixida, fundamentalmente, a dous ámbitos de actuación: as redes sociais e os espazos para a socialización e a educación educación infantil, como os colexios, as escolas infantís e as ludotecas. Así o subliña o técnico de Normalización Linguística de Carballo, Nel Vidal.

A gravación do "Parabéns para ti", con letra do músico carballés Nanny Mouro, quere axudar a estender o uso da popular canción. O videoclip conta coa participación de ao redor de corenta cativ@s do coro carballés Vagalume, que se encargaron da posta en escena, coa nena Paula Fraga como voz principal e ás raparigas Carla Serrano, Julia Antelo, Noah Abelenda e Sara Pose nos coros. A canción gravouse nos estudios da Escola da Rúa. Da gravación e produción do vídeo encargouse  Mamá Lola estudios.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica