Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Soul, blues, rock, teatro familiar, teatro adulto, rap..., o cóctel desta finde para o tempo de ocio en Carballo

VENRES

Teatro. "Perplexo", con Il Maquinario Teatro. Pazo da Cultura. 21.00h.  Cres que sabes quen es? Ques que coñeces perfectamente ás persoas que tes ao teu carón? Pois non o des tan por seguro...

A compañía Il Maquinario Teatro representa en Carballo a obra dun dos autores europeos de maior éxito na actualidade, Marius Von Mayenburg. O prezo das entradas, a 4 euros (3 euros o prezo reducido).

Concerto. The Soul Jacket e The Hellbuckers. Sala Dublín. 23.30h. Soul, blues e rock son os licores musicais cos que nos tenta a Sala Dublín este venres, nunha nova sesión do seu Ciclo Sinerxias.

The Soul Jacket caracterízase por un directo contundente impregnado de blues e rock sureño.

The Hellbuckers chegan dende Cedeira acompañados por unha voz feminina cargada de soul. O prezo da entrada, 6 euros en venta anticipada, e 8 en taquilla.

Concerto. Sokram. Sala A Reserva. 23.00h. O polifacético Sokram chega o venres a Carballo para presentarnos o seu primeiro traballo en solitario "Chuvia ácida".

Músico e artista plástico, Sokram é autor do impresionante mural que cobre un dos laterais do Pazo da Cultura e, é, ademais membro do grupo Dios Ke Te Crew. En "Chuvia ácida", ofrece notas que mollan con crítica social e letras autóctonas. Máis info aquí.

DOMINGO

Teatro familiar. "Chíos", de Teatro da Semente. Pazo da Cultura, 18.00h. Poesía sensorial para cativ@s de 0 a 3 anos. É a esencia do espectáculo que Teatro da Semente trae este domingo ao Pazo da Cultura.

Cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil para descubrir o mundo a través dos sentidos. Prezo das entradas: 3 euros (2 euros, prezo reducido).

TODA A FINDE

Exposición fotográfica "Tinta". Pazo da Cultura. De 18.00 a 21.00h. O fotógrafo carballés Juan Casares adéntrase no mundo da tatuaxe na súa exposición "Tinta". Son, en total, 21 fotos a cor, froito do traballo realizado durante seis meses polo artista en contacto cun estudo de tatuaxe. Pode visitarse todos os días da semana, de 18.00 a 21.00 horas, no andar -1 do Pazo da Cultura. Máis info aquí.

Xulio García Rivas no seu estudio

Xulio García Rivas no seu estudio

Exposición "Pintura sobre papel". Pazo da Cultura. Xulio García Rivas presenta, no Pazo da Cultura, unha mostra composta por diversos acrílicos e acuarelas que falan de pintura e de abstracción e figuración como conceptos non opostos. A paisaxe da Costa da Morte deixa unha intensa pegada nos últimos traballos deste artista. A mostra pode visitarse todos os días da semana, de balde, no terceiro andar do Pazo da Cultura. Máis info aquí.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica