Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Expovoda: para que non falte detalle

Compartir:

Expovoda: para que non falte detalle

Expovoda, o único salón deste tipo que se celebra en A Costa da Morte, chega este ano á terceira edición.

Desfile de Expovoda 2014

Desfile de Expovoda 2014

Poida que soñes con perdices, que xa as teñas aburridas ou que a simple idea de pensar nelas che dea urticaria. Pero o certo é que moi pouc@s de nós conseguimos librarnos dun vodorrio, comuñón ou celebración de punta en branco ao ano. En Expovoda, o único salón deste tipo que se celebra na Costa da Morte, poderás atopar concentrado todo o que necesitas para que non che falte detalle, dende traxe até perruquería, dende fotografía e vídeo até xoeiaría, hostalería ou discotecas móviles, e mesmo sectores cuxa presenza en principio sorprenderá, como a empresa de alugueres de maquinaria e construción Reneymar.

"Nós cremos ─afirma a xerenta do CCA Carballo, Mari Carme Freire─, que esta é unha maneira de servir ao público concentrando todo o que necesita para a súa celebración e acercándolle o comercio para que teña oportunidade de suxerirlle, ofrecerlle e darlle oportunidade de contratar".

O máis agardado, o desfile

Desfile de Expovoda 2014

Desfile de Expovoda 2014

A cita, que este ano chega á súa terceira edición, está organizada polos comercios locais agrupados no Centro Comercial Aberto de Carballo e conta coa colaboración do Concello. Serán, nesta ocasión, un total de 25 expositores, que se situarán no amplo corredor central do Fórum e mais na sala de exposicións anexa ao auditorio, onde terán lugar os desfiles. O acceso ás instalacións terá un custe de 2 euros. O horario, de 11 a 9 da noite , de maneira ininterrompida, con desfile ás sete da tarde, tanto o sábado como o domingo.

Entre os expositores poderemos encontrar negocios non só de Carballo senón tamén doutras localidades próximas como A Laracha, A Coruña ou Arteixo. O momento máis esperado, como non, volverá ser o desfile, con modelos voluntari@s e non profesionais, entre os que poderemos atopar dende un meniño de catro anos até persoas xa nos 60. Amosarannos as últimas tendencias do mercado e disque o punto simpático non vai faltar.

Todos os días, ademais, a partir das 12 da mañá haberá degustación de produtos como xamón.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica