Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Por parroquias // Lema

Compartir:

Lema

Vistas en Lema

Miradoiro de de Santa Irene

Extensión: 13,74 km²
Poboación: 458 habitantes

Lagoa de Baldaio

Lagoa de Baldaio

Lema é unha das principais parroquias costeiras de Carballo. Nela está boa parte do espazo natural protexido de Baldaio. Este fermoso e completo conxunto de areal, dunas, lagoa e marisma é unha das zonas de maior valor ecolóxico de Galicia e foi recoñecido pola Unión Europea como Zona de Especial Protección para as Aves e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

Cando visites este lugar, ten presente que se agora este paraíso natural é de todos, de todas, foi grazas á loita que durante décadas mantivo a veciñanza desta zona. Durante anos deitaron suor e bágoas por recuperar para o público esta franxa costeira que estaba a ser explotada por unha empresa privada, extractora de area.

Capela de Santa Irene de Castrillón

Capela de Santa Irene de Castrillón

Aconsellámosche percorrer, ben a pé, en bicicleta ou mesmo a cabalo, o traxecto que vai dende Razo até Baldaio e tomar folgos no miradoiro de Santa Irene do Castrillón para gozar dunha das mellores vistas deste espazo.

A parroquia de Lema tamén garda algún dos poucos vestixios da Idade Media no noso concello. A igrexa de San Cristovo é a que contén máis restos románicos do municipio. Se entras, poderás aprezalos no arco triunfal que lle dá entrada á cabeceira e no seu muro sur.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica