Aprendendo a cociñar san
A segunda edición do curso de Cociña Saudable, dirixido a profesionais do sector hostaleiro, celebrarase no mes de febreiro.
Queres aprender a facer unhas croquetas de millo, unha hamburguesa de garavanzos ou un pastel de lentella e coliflor? Cada vez sabemos máis dos beneficios dunha dieta equilibrada e cada vez, ademais, como consumidores, como consumidoras, somos máis esixentes coas necesidades de colectivos específicos, como as daquelas persoas con algún tipo de intolerancia alimentaria. A segunda edición do curso de Cociña Saúdable vai dirixido ao sector hostaleiro carballés, co fin de fortalecer a calidade e a diversidade da nosa oferta gastronómica.
O curso é de balde e está organizado pola Concellaría de Promoción Económica de Carballo. Terá lugar na nave 4 do Fórum, na que é a primeira Escola de Hostalería da Costa da Morte. Celebrarase os 3, 5 10 e 12 de febreiro, de 17.00 horas a 19.30h. O prazo de inscripción estará aberto até o 31 de xaneiro. As prazas están límites a un máximo de 25 persoas. Todas aquelas que queiran participar deberán cubrir a ficha que se adxunta e enviala a museo@carballo.org. De querer obter máis información, poderás conseguila chamando ao 981702077.
Contidos
O curso comezará cunha xornada de carácter teórico, mais logo haberá que poñer as "mans na masa", pois as tres tardes restantes sesións serán por completo práctica. A sesión teórica abondará nos aspectos básicos dun alimentación saudábel e introduciranos nas características básicas dos menús vexetarianos e veganos e daqueles dirixidos a persoas con diversas enfermidades ou intolerancias coa alimentación, como a diabete, a celiaquía ou a intolerancia á lactosa. Ao longo das restantes tres sesións levaranse os conceptos da libreta á mesa, mediante á elaboración de diversas receitas.