Carballo a un paso

Inicio // Artigos // "A experiencia na dirección artística de...

Compartir:

"A experiencia na dirección artística de "Torrente 5" foi moi boa"

Manuel Viqueira, realizador especializado en After Effects

Manu Viqueira

Manu Viqueira

-Que é o After Effects?

-É un programa, case o máis usado para facer efectos especiais e motion graphics, que son gráficos en movemento. Úsase tanto para cine como televisión ou internet. Nun mundo tan audiovisual como este no que vivimos agora hai gráficos en movemento por todos os lados, nas cabeceiras das televisións, dos seus programas, dos telexornais... O Affect Effects  traballa tanto imaxes recortadas de collages como imaxes máis sólidas.

-Como te introduciches no mundo do After Effects?

-Comecei facendo un curso de After Effetcs nunha academia. Logo metinme en Imaxe e Son, e logo en Comunicación Audiovisual na Coruña. E ao final especialiceime. Xa van catro anos que só toco After Effects. Xa case non collo a cámara.

-Traballaches para varios programas da Televisión de Galicia. Cales?

-Fixen os grafismos e a cabeceira dos programas "Verbas van" e tamén traballo nos  "Laretando", de Paco Lodeiro e nos de "Naqueles tempos", que se vai estrear proximamente.

-Tamén estiveches traballando en varios  anuncios publicitarios…

-Os grafismos de Lo Monaco fágoos eu, e tamén participo nalgún dos últimos da Xunta de Galicia.

-Como foi a túa experiencia en "Torrente"?

-Traballei na dirección artística facendo moitos gráficos que saían en "Torrente 5". A experiencia foi moi boa. Os directores artísticos de "Torrente" son de altísimo nivel. Xusto cando estaba traballando con eles recibiron dous premios Goya por "Las brujas de Zugarramurdi".

O audiovisual como motor de traballo

"Se puidera, gustaríame asistir ao obradiro de vídeo experimental, e o que aborda o xogo co actor, que imparte Jorge Coira"

-A quen vai dirixido este curso?

-En principio, como o curso dura só unha semana, é preciso ter algún coñecemento previo, que a xente que participe xogara algo montando un vídeo ou abrira algunha vez o Photoshop. É o que ocorreu con estas quince persoas que se anotaron ao curso.

-As prazas cubríronse moi pronto. Por que esta demanda?


-Son obradoiros moi baratos e están moi ben. Está moi ben organizado

-Cal é a importancia da existencia de cursos coma este?

-Penso que é xenial A min gustaríame apuntarme a moitos dos cursos que hai mais non me dá tempo a ir por traballo. É importante para a xente que está aprendendo ou traballando. Entre o alumnado hai fotógrafos que están traballando, estudantando e xente á que lle gusta o audiovisual.

-A cales che gustaría asistir se puideras?


-Pois, por exemplo, ao de vídeo experimental,e o que aborda o xogo co actor, que imparte Jorge Coira.


-Cal é a importancia do audiovisual como motor de traballo?

-A situación é mala pero non debería de selo. Agora mesmo hai moitas canles de televisión. Até unha perruquería quere ter un vídeo para promocionarse, ou calquera empresa cun produto. En Internet hai máis vídeos ca nunca. Nese sentido, está no mellor momento, pero como a situación económica non é boa aínda non chegou a explotar tanto como debería.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica