Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O II Inverno Ancestral recupera a nosa tradición...

Compartir:

O II Inverno Ancestral recupera a nosa tradición oral

A Asociación Senda Nova organiza un ciclo de coloquios protagonizado polas e polos grandes coñecedores das vellas historias que antergo se contaban á beira das lareiras.

Boa parte do noso patrimonio oral forxouse, seguro, á beira das leiras, o lugar no que nacían e se herdaban as historias, cando a televisión aínda non irrompera nos fogares. A xente maior lembra aínda como a veciñanza se xuntaba ao redor do lume nas noites de inverno. Este é agora un patrimonio en perigo porque o monopolio da transmisión de historias téñeno agora os medios de comunicación e os vellos contos de lareira son substituídos pola ficción made in Hollywood.

A recuperalo quere axudar a asociación Senda Nova no programa da que xa é a segunda edición do seu Inverno Ancestral. A asociación convidará estas historias en coloquios organizados en varias das parroquias do concello, que terán como protagonistas ás e aos depositarios actuais destas historias, polo xeral xente maior que, a pesar da idade, aínda as conserva a lume  no maxín.  

O programa comezará o 8 de xaneiro en Montemaior, no hospital de peregrinos de Santa Margarida, con Leonardo Tuset L. e Jesús Suárez M., que serán moderados por Adrián Souto. O 13 de xaneiro trasladarase á Biblioteca Rego da Balsa, con Erundina Torres e a moderación de Eva Cameán. O 22 de xanero será en Oza, e os días 5, 10 e 19, en Entrecruces, Lema e Gándara (Zas).

Rutas e xogos tradicionais

Obradoiro de xogos tradicionais

Obradoiro de xogos tradicionais

Mais o programa do II Inverno Ancestral non rematará aquí. Senda Nova, que se destaca polo seu importante labor no deseño e fomento de rutas sendeiristas no concello e na comarca, organizará, para o 28 de decembro, o día dos Santos Inocentes, un roteiro sorpresa. Del só se sabe que será ese domingo pola mañá, que rematará a iso das 3 da tarde e que terá carácter solidario, a beneficio da ONG Axuda en Acción, mais do seu percorrido nada se coñecerá até o propio día. Para o 28 de febreiro, a asociación organizará, ademais, unha viaxe á serra dos Ancares.

O programa complétase coa visita do Apalpador á parroquia de Carreira, en Zas, o 4 de xaneiro, e cunha tarde de xogos tradicionais que terá lugar o 18 de xaneiro, e que será organizada coa Asociación Galega do Xogo Popopular e Tradicional no Colexio Xesús San Luís Romero.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica