Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Mercadiño de Nadal na Milagrosa

Compartir:

Mercadiño de Nadal na Milagrosa

Cun total de 38 postos, traerá a Carballo artesanía, produtos delicatessen e diversas opcións de agasallo, dende téxtil até complementos.

Chega o nadal e o momento de apurar a compra dos regalos. Se aínda non cumpriches coa lista de agasallos a facer, se che interesa sorprender con algo distinto, dende artesanía até productos delicatesen, vente dar unha volta polo Mercado de Nadal que, dende o venres até o domingo, terá lugar no Fórum de Carballo, no barrio da Milagrosa.

Poderás encontrarte dende obradoiros de prata ou macramé traballando en directo até pel de Ubrique, artesanía da India, coiro de León, licores galegos ou bocados exquisitos como os embutidos zamoranos, a cecina de touro de Lidia ou xamón de Guijuelo,produto salmantino con denomación de orixe.

Cando e onde

O mercado estenderase ao longo do corredor central do Fórum e contará, ademais, cunha carpa exterior con produtos de artesanía. Disporá de tres apartados fundamentais: a artesanía, a alimentación e os agasallos, que inclúen dende téxtil até complementos e bisutería. Estará aberto o venres, de 16.30 a 21.30, e o sábado e o domingo, de 11 da mañá a nove e media da noite.

Serán en total 38 postos, todos eles en exclusiva  de comercio ambulante, tal e como obrigan os requisitos da Lei de Comercio da Xunta para este tipo de mercados. Congregaranse en Carballo comerciantes das máis diversas procedencias: dende A Coruña, Santiago ou Vigo até  Puebla de Sanabria, Salamanca, Albacete, Portugal, ou Madrid. De aí tamén a variedade dos produtos ofertados.

Todos os días, ás sete da tarde, haberá sorteo presencial de tres cestas de Nadal, con produtos propios destas épocas e, tamén, con vales de compra nos comercios do barrio da Milagrosa. As persoas que compren no mercado, ademais das rifas para participar no sorteo, veranse compensadas con outros pequenos detalles.

Un barrio con identidade

O Mercado de Nadal é iniciativa da asociación de comerciantes do Barrio da Milagrosa, que xa neste mesmo ano puxo en marcha outras iniciativas, en colaboración coa concellería de Promoción Económica. Tal é o caso da Feira Multisectorial, celebrada en setembro tamén no Fórum, ou do Compra e Tapea que,na primavera, ofrecía descontos en compras a quen tapeaba na zona, e á hora de tomar algo nos locais hostaleiros do barrio, a quen nel facía algunha compra. Promocionan Carballo poñendo en valor un barrio con identidade propia e cun dinámico tecido comercial, moi ligado, dende sempre ás feiras, pois nel celébrase cada quince días un dos mercadiños máis importantes da comarca.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica