A axenda da finde
Esta finde haberá concertos, humor, teatro e, como non, unha presenza destacada de Carballo na Feira das Industrias Culturais que ten lugar en Pontevedra.
VENRES
Presentación do FIOT no Culturgal. 18.00h. O Festival Internacional Outono de Teatro é, con 23 edicións ao lombo, unha referencia en Galicia. A presentación terá lugar no stand do Concello de Carballo no Culturgal.
Música. Ciclo Sinerxias. Sala Dublín. 23.00h. 3 €. A Sala Dublín prosegue o Ciclo Sinerxias con tres bandas bergantiñás. Do propio Carballo chega o punk de Aula 11; de Malpica, o death metal de Amenaza de Muerte e de Ponteceso, os clásicos do rock versionados por Spider Crabs.
Humor. Pedro Brandariz. Sala A Reserva. 23.00h. 4€. O cómico Pedro Brandariz recunca nos escenarios carballeses, e faino na Sala A Reserva. Presentará o seu monólogo "Profundizando na Galicia profunda", que forma parte da programación da Rede Galega de Música ao Vivo 2014.
SÁBADO
Presentación de "Contos de Taberna" no Culturgal. 12.00h. O libro Contos de taberna, editado polo Concello de Carballo, compila os relatos ilustrados que varios escritores e escritoras, así como ilustradores e ilustradoras locales, elaboraron sobre un total de 14 estabeleceentos hosteleiros da vila. No Espazo Libro do Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra).
Presentación do documental e do proxecto "Derrubando muros con pintura" no Culturgal. 18.00h. Darase a coñecer o proxecto de arte urbana que, dende hai un ano, se desenvolve en Carballo, así como o documental sobre o mesmo elaborado por Mamá Lola Studios. No stand do Concello de Carballo no Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra).
Música. Concerto de Dilana e mais Apart. Sala A Reserva. 23.00h. A Sala A Reserva traeranos a Dilana, unha voz que encandilou a artistas como Gilby Clarke, de Guns'n'Roses ou Jason Newsted (Metallica). A actuación virá precedida da banda carballesa Apart, que presentou en novembro o seu primeiro EP, "Waiting so long". Máis info aquí.
Sendeirismo. Fin do Camiño dos Faros. Chega ao seu fin esta edición do Camiño dos Faros. A ruta sendeirista, que une Malpica e Fisterra á beiriña do mar ao longo de oito etapas e 200 quilómetros, acadará este domingo e a pé a "fin do mundo" galega. O itinerario, de 26 quilómetros, decorrerá dende Nemiña até o Faro de Fisterra. Máis info aquí.
Presentación de "Carballo mirando ao mar". 12.00h. A vila de Carballo, malia a estar a apenas uns quilómetros do mar, viviu historicamente de costas a el. O proxecto pretende darlle a volta a esta situación. Será presentado no stand do Concello de Carballo no Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra).
Presentación do Carballo Interplay. 18.00h. O ano pasado irrompeu como o primeiro festival estatal de webseries. Este ano amplía o seu campo de acción e convertirase en festival de contidos audiovisuais na rede. Presentarase no stand do Concello de Carballo no Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra).
TODA A FINDE
Arte. Retrospectiva de Antonia Villaverde. Pazo da Cultura. De Balde. Aos seus 94 anos de idade, a artistas carballesa amosa no Pazo da Cultura un percorrido pola súa traxectoria creativa. Unha ollada á súa carreira artística a través do retrovisor que aúna retratos, bodegóns e mesmo un autorretrato. Todos os días da semana, de cinco a nove da tarde.