Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo no Culturgal

Compartir:

Carballo no Culturgal

O Concello leva a súa aposta pola cultura como motor económico á feira das industrias culturais que se celebra esta fin de semana en Pontevedra.

De contos e teatro

Culturgal, a Feira das Industrias Culturais Galegas, é probabelmente o evento con máis densidade por metro cadrado de ideas, iniciativas creativas e propostas culturais do país. Todo quen algo quere ofrecer neste sector ten ao Culturgal como escaparate e o Concello de Carballo, que vén apostando pola cultura, como motor económico e de promoción cultural, non podía faltar. Estará presente, con stand propio, e con actividades os tres días que dura o Culturgal, do 5 ao 7 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Ao stand do concello de Carballo no Cultural chegarán este ano un amplo e gorentoso menú de propostas, que nos lembran o producido na capital bergantiñá durante o ano e o que queda por vir. O venres, ás seis da tarde terá lugar a presentacion do Festival Internacional Outono de Teatro, todo un referente para as artes escénicas do país. O sábado, ás 12.00 da mañá , darase a coñecer o libro Contos de Taberna, que reúne os relatos ilustrados que varias e varios escritores e artistas plásticos ligados á vila elaboraron nesta primavera para un total de catorce locais hostaleiros carballeses. A iniciativa, da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, pretendía unir a creatividade local como modo de promoción da nosa actividade hostaleira. A presentación terá lugar, non no stand do Concello, como o resto dos actos previstos, senón no Espazo Libro da Feira.

O sábado pola tarde, ás 18.00 horas, presentarase o proxecto "Derrubando muros con pintura", iniciativa de arte urbano que se desenvolve dende hai un ano na capital bergantiñá e que xa reúne a arredor dunha vintena de murais en diversas paredes da vila. Darase a coñecer, así mesmo, o documental que, sobre o proxecto, levou a cabo a produtora Mamá Lola Studios.

Un Carballo que se abre

"Todo quen algo quere ofrecer neste sector ten ao Culturgal como escaparate e Carballo non podía faltar."

O domingo, 7 de decembro, ás 12 do mediodía, faremos do Culturgal escaparate doutros dous proxectos ligados á Concellaría de Promoción Económica: "Carballo mirando ao mar", que pretende a posta en valor dos recursos litorais nunha vila, Carballo, que malia a estar a apenas uns quilómetros ao mar, historicamente viviu de costas a el.

Pecharemos o Culturgal coa presentación do Carballo Interplay. O certame, que o ano pasado nacía como o primeiro festival de webseries do Estado, anuncia para abril de 2015 unha segunda edición, na que ampliará o seu ámbito de acción. Xa non será só festival de webseries, senón tamén de contidos audiovisuais dixitais.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica