Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da terceira finde de novembro

Compartir:

Axenda da terceira finde de novembro

A música será a protagonista e, como para gustos píntanse cores, haberá dende clásica até, folk, rock, e mesmo ritmos máis alternativos.

VENRES

Concerto de piano con Cristina Rodríguez. Pazo da Cultura. 21.00 h. Esta moza carballesa, que iniciou os seus estudos de piano no Conservatorio de Carballo e os completou con recoñecidos mestres e mestras de renome internacional, ofreceranos un concerto con cinco compositores das estapas barroca, clásica, romántica e contemporánea, e de procedencias tamén diversas. De balde.

Chicharrón en Concerto. Sala Dublín. 00.00h. A Sala Dublín inicia unha nova andaina de concertos. Con Chicharrón, unha das bandas locais carballesas con máis proxección, inicia o seu ciclo Sinerxias. Ofreceranos o seu primeiro concerto coa formación ao completo na vila, á que chegan de volta despois de pasar por diversas salas, festivais e mesmo emisoras con programas de culto como Radio 3. 4 euros.

SÁBADO

Presentación do libro Contra a morte das linguas. O caso do galego. Libraría Brañas. 19.00 h. Miguel Moreira Barbeito foxe, nesta súa obra, de visións catastrofistas e pon en valor as alternativas de futuro para as linguas minorizadas. A presentación correrá a cargo do escritor Paco Souto e do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira.

Concerto Sons de Aquí: Concerto de música tradicional "Sons de Aquí". Pazo da Cultura. 21.00h. De balde. Participarán diversas bandas de gaitas e de cantareiras e cantareiros da zona. Estarán o grupo Lembranzas de Bergantiños de Bértoa, a asociación cultural Argazo,  as cantareiras e cantaerios da asociación cultural Arume, San Campio de Cances, San Martín de Razo e Xoldreiras, e as bandas de gaitas da asociación cultural Arume, San Cristovo e a Municipal de Carballo.

Concerto de Brais Morán. Sala A Reserva. 23.00h. 5 euros. O bergantiñán Brais Morán, líder de bandas como Loretta Martin ou Jamiroquay Tributo Band, presenta o seu primeiro proxecto en solitario. Farao acompañado da súa nova banda: Miguel Queixas á batería, Denís Morán ao baixo eléctrico e Manu Seoane á guitarra eléctrica. Promete sorprendernos con cancións máis directas, mensaxes máis persoais e, sobre todo, máis rock e máis rabia.

TODA A FINDE

Inauguración da mostra de Antonia Villaverde

Inauguración da mostra de Antonia Villaverde

Exposición de Antonia Villaverde Pumar. Esta carballesa de 94 anos foi e segue a ser toda unha adiantada ao seu tempo. Estudou na Escola de Artes e Oficios e formouse en delineación, decoración e mestría. Até o 7 de decembro poderemos ver a súa obra pictórica, que xa ten previsto comezar a vender a través de internet. De balde.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica