Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Por parroquias // Razo

Compartir:

Razo

Solpor en Razo

Solpor en Razo

Praia de Razo

Praia de Razo

Extensión: 8,58 km²
Poboación: 815 habitantes

Razo é, sen lugar a dúbidas, a parroquia máis turística de Carballo. O seu litoral é non só un concorrido areal, dotado de todos os servizos, senón tamén unha paraxe de grande importancia natural e xeolóxica. Está recoñecido como espazo natural protexido, integrado en Rede Natura, e nel poderás atopar toda unha curiosidade xeolóxica: os restos dunha praia fósil, formada no cuaternario

Razo é unha praia coidada, limpa e accesible. O areal esténdese até máis aló de Baldaio, e pode enorgullecerse de ser un dos máis amplos de Galicia. Nel practícanse deportes como o surf, o parapente, o voleipraia ou a pesca submarina.

En Razo comeza un dos accidentes xeolóxicos máis importantes de Galicia, a Depresión Meridiana, importante fondeira que cruza Galicia de norte a sur, até Tui. Fermosas vistas ao Atlántico ofrécenos o miradoiro de Santa Mariña. Dende este punto podes iniciar a Ruta dos Pinos até Malpica, en bicicleta, ou, a pé, a Ruta das Praias.

Ademais, a parroquia agocha algúns puntos de interese patrimonial. Por exemplo, no lugar de Cambrelle atópase unha casa labrega que ten labrada, entre dúas xanelas, un escudo de armas cos mesmos símbolos que o escudo do pazo de Vilar de Francos. É a casa dos Pardiñas, unha das liñaxes nobres máis importantes da zona. Séculos atrás, os Pardiñas emparentaron cos Vilar de Francos e fundaron o pazo de Vilar de Francos.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica