Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo, de película e Samaín

Compartir:

Carballo, de película e Samaín

As rúas e pubs carballeses son escenarios da curta de terror de terror "Déixate levar". Estréase o venres de Samaín en A Barra Bar.

Non podía haber noite máis adecuada que a deste venres para a estrea da curta "Déixate levar", unha historia de suspense que se ambienta precisamente nas rúas e pubs da capital bergantiñana en Samaín.

A peza, que se estreará en A Barra Bar ao redor das doce e media da noite do venres, non podía ser máis carballesa: non só o son os escenarios senón tamén a práctica totalidade da equipa de traballo, dende o director, até a produción, edición e o traballo actoral.

E non podía haber noite máis adecuada non só por ser Samaín senón porque o venres é o día de saída nocturna en Carballo e esta historia narra precisamente unha noite de marcha que non remata como as súas protagonistas esperaban.

Oito meses de traballo

Con esta curta, Ángel Losada quere reivindicar o Samaín, a festa de defuntos de orixe celta propia de Galicia, fronte á importación foránea do Halloween nas últimas décadas. Non é a primeira incursión de Losada no terreo da creación audiovisual. En 1997, fixo a curta "Y ocurrió", tamén de misterio e tamén ambientada en Carballo. Foi así mesmo secretario do Cineclube Carballo e presentou un programa na hoxe desaparecida televisión local de Bergantiños.

Son ao redor de oito meses de traballo o que teñen tras de si estes máis de oito minutos amplos de curta. A empresa carballesa Mamá Lola encárgase da produción, gravación e edición. Na banda sonora participan Nanny Mouro, que compuxo para a curta unha peza,  e a banda carballesa K-raxe, cuxa música está presente nunha das esceas. Todas as actrices e os actores son, así mesmo, carballeses, agás a protagonista, unha ourensá mestra no colexio Bergantiños.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica