Noicela
Igrexa parroquial de Noicela
Extensión: 7,83 km²
Poboación: 447 habitantes
Situada entre Rebordelos e Lema, a parroquia de Noicela está encravada na costa oriental do concello de Carballo.
A igrexa parroquial chama a atención por ter a torre do campanario situada no lateral, cousa pouca usual na zona.
O templo é fundamentalmente barroco, aínda que a súa orixe é anterior.
Viacrucis da igrexa parroquial de Noicela
Preto da igrexa, na Casanova, está a casa reitoral, edificio antigo e de valor, aínda que abandonado. Tamén no mesmo lugar podes encontrar un conxunto de arquitectura popular, formado por varias vivendas dos séculos XVIII e XIX.
No lugar do Rapadoiro, onde hoxe en día hai unha praza e un parque, celebrábase unha feira, principalmente de gando.
Nas aldeas de Pereira e Nandunfe atoparás cadansúa casa fidalga. A primeira, coas armas dos Bermúdez e Moscoso no escudo, e a segunda, coas dos Bermúdez de Castro.
En Noicela están os castros de Torrevella, con numerosas lendas ao seu redor.