Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da primeira finde de outubro.

Compartir:

Axenda da primeira finde de outubro.

Comeza o Festival Internacional de Teatro coa Rúa dos Contos, que levará aos bares monólogos e contacontos. Pero haberá máis, moito máis.

VENRES

Obradoiro de boas prácticas para o sector turístico. De 17.00 a 10.00 h. no Fórum. Este obradoiro forma parte das actividades de formación que, en Carballo e dirixidas ao sector hostaleiro e turístico, se están a celebrar este outono. A consultora turística Cristina García presentará o Manual de Boas Prácticas para o sector turístico. A actividade é de balde. Só é preciso achegarse, á hora indicada, ao Fórum.

Rúa dos Contos. The momento Impro. Mesón A Cabaña. 21.00h. Non hai riso máis verdadeiro que o que nos sae de improviso. Iso é, precisamente, o que nos ofrece esta compañía, que nunca repite función porque as súas son comedias instantáneas, creadas no momento, a golpe de improvisación teatral. Entrada libre.

Rúa dos Contos. Os sete magníficos e mais un. Cervexaría Dublín. 22.30 h. Son a versión galega de  Gordo e o Calvo. Pedro Brandariz e Fran Rei estrean en Carballo o último espectáculo de "Os Sete Magníficos e máis un", "Bilvalvos como galegos". Humor retranqueiro e irónico. Entrada a 3 euros. 

Rúa dos Contos. Rober Bodegas. Mercado Municipal. 00.30h. Bodegas volve á súa casa, a Carballo, para presentarnos a preestrea do seu novo espectáculo, unha antoloxía dos seus mellores monólogos, sen filtros, sen ningún tipo de censura. Será no amplo espazo do segundo andar do mercado municipal á media noite. Entrada a 4 euros en taquilla, hora e media antes da función.

SÁBADO

Exhibición de deporte adaptado. Mañá e tarde nos pavillóns Carballo Calero e Vila de Noia. A partir das once da mañá, no pavillón polideportivo Carballo Calero haberá exhibición de diversos deportes adaptados para persoas con diversidade funcional. Pola mañá, haberá demostracións de boccia (un deporte similar á petanca) e de tenis en cadeira de rodas cos campións de España Álvaro Illobre e Juan Gutiérre. Pola tarde, ás 16.30, no pavillón Vila de Noia, teremos ao club Basketmi de Ferrol

Rúa dos contos. Estephanie Llaryora. Cafetaría Valle Inclán. 21.00h.
Estephy fai humor dende a visión dunha muller de trinta anos, solteira e sen fillos, que se resiste á consigna social de ir sentando cabeza. A monologuista vasca é coñecida polas súas actuacións na Paramont Comedy. Entrada a 3 euros.


Desfile Centro Comercial Aberto. Rúa Alcalde Jacinto Amigo Leira. 21.00h. Será o desfile de moda de outono do Centro Comercial Aberto de Carballo, que con este chega xa á súa décimosegunda edición. A entrada costará 2 euros e dará opción a conseguir unha das tarxetas regalo que se sortearán durante o evento e a obter, ademais, descontos de até o 20% nos estabelecementos participantes nesta edición do desfile. Estarán á venda o venres, a partir das 19.30h., nunha carpa na rúa Coruña, e o sábado, a partir das 18.00h.


Rúa dos Contos. Regueifeiros de Galicia. Bodegón O Pescador. 22.30h.
 
Non podían faltar, na Rúa dos Contos, as regheifas, a nosa forma de humor máis senlleira,  con longa tradición en Bergantiños. Desta vez, o duelo dialéctico terá como contendentes a Bieito Lobariñas e Josiño da Teixeira. Entrada de balde.

Concertos de Napoka Iria e Cró!. Sala A Reserva. 23.00 h. Desta volta, na Sala A Reserva tráennos ao dúo vasco Napoka Iria, unha formación electroacústica que destaca polos seus directos de composicións progresivas que poden ir dende o silencio máis absolutos até auténticas descargas de enerxía. Esa mesma noite, dende a rúa de Vigo, chegará Cró!, unha banda difícil de definir mestura de música instrumental, cancións e improvisación. 

Rúa dos Contos. Cándido Pazó. Cafetaría Colón. 00h. PazÓ é un clásico na arte de contar. Nesta súa nova visita a Carballo, promete diversión, evocación, imaxinación, emoción e reflexión, con vellas historias que na súa boca semellan sempre novas. Entrada de balde.

DOMINGO

Rúa dos Contos. Ratman e Bobyn. A Revolta das Cloacas. 21.00h. Unha comedia musical que nos amosa ao superheroe morcego, Batman, sen ás, unha simple rata. Xulio Abonjo e Marcos Orsi aseguran o riso coa segunda entrega de Ratman e Bobyn. Entrada a 3 euros.

Rúa dos Contos. Isabel Risco. Bulevar Musicafé. 22.30h.  A Rúa dos Contos pechara, nesta súa primeira semana, coa enerxía da actriz Isabel Risco e un dos seus personaxes máis coñecidos, Nabiza Girl, a superheroína rural galega "con denominación de orixe protexida". Entrada libre.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica