Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo será este sábado capital galega do motor

Compartir:

Carballo será este sábado capital galega do motor

O II Autocross Carballo puntuará para o Campionato Galego

É unha proba agardada con expectación. Será a antepenúltima do ano puntuable para o Campionato Galego e a primeira que ten lugar nesta competición dende o mes de xullo. O escenario no que bruarán os motores, o Circuíto Municipal de Bértoa, considerado un dos mellores de Galicia, ou mesmo o mellor, despois do de Arteixo. A proba estará organizada pola escudaría carballesa Máis Motor, que culmina así o seu primeiro ano de vida, e contará coa colaboración do concello de Carballo.

Carcross será unha da categorías máis rifadas, e contará coa presenza do carballés Marcos Vilariño, que vén de conseguir o bronce no Campionato de España e que haberá de medir as súas forzas e habilidades con pilotos como Juanjo Moll, Joaquín Chamorro, Juan Ares ou o tamén carballés Daniel Mariño. En supercrosscar 4x4, Perfecto Calviño parte como favorito. En menos de 1.600 cc poderemos ver a Dani Castro ou Daniel Gorín; e en máis de 1.600 cc está previsto que compitan pilotos como Tino Iglesias ou Javier Cotelo. As verificacións administrativas e técnicas darán inicio á xornada ás dez da mañá.

As doce, terán lugar os adestramentos libres. As semifinais están previstas para as 15.30 horas e as finais para as 17.30 horas. Este foi, para o Circuíto de Bértoa, un ano intenso, con dúas probas de autocross puntuables para o campionato galego e unha, para o campionato estatal.

O deporte do motor conta con gran implantación na comarca bergantiñá, o que se observa tanto na sona de circuítos como o de Bértoa, como no dinámico tecido asociativo, a implicación do concello e a presenza de pilotos da zona como Marcos Vilariño ou Daniel Mariño.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica