Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Estamos nunha das findes máis festeiras do ano, con verbenas en varias parroquias e Mexillonada en Lema. Ademais, dúas citas deportivas destacadas: o Dirt Track, e o

Será unha finde de festa a rachar, con verbenas nas parroquias de Rebordelos, Sofán e Berdillo, e mexillonada en Lema.

As festas na parroquia costeira de Rebordelos traerán, o sábado, á orquestra Añoranza ao mediodía e á noite e, o domingo, ao dúo D´Café para animar a sesión vermú. Tamén o sábado, no Tarambollo, en Sofán, haberá celebración, con churrascada ao mediodía, amenizada por un dúo. E, a partir das sete da tarde, en Lema, Mexillonada: 1200 quilos de mexillón ao vapor e 200 de empanada, ademais de pan, viño, queimada e café. As racións do mexillón custarán 3,50 euros e unha empanada enteira, 20 euros. A festa durará até a medianoite, e estará animada por un grupo musical. O lugar no que se celebra, o miradoiro de Santa Irene do Castrillón, xunto a unha capela baixo a que se agocha un castro, ten unha maxia especial e conta, ademais, cunhas vistas únicas do espazo natural costeiro Razo-Baldaio.

A festa non remata aquí porque o domingo, en Berdillo, comezan as súas patronais, coas orquestras Trole e Alkar. E ese mesmo día, Sofán chega á súa última xornada festeira, con sesión vermú e orquesta no lugar de Prearada.

Dirt Track e Volei praia

Nada mellor que algo de deporte para combinar cos excesos das festas. Esta finde, en Carballo, teñen lugar dúas citas destacadas. O sábado, xunto ao Centro Comercial Bergantiños, ecoará o bruar das motos. O Dirt Track, proba moteira con gran tradición en EE.UU. que se caracteriza por ter lugar en pistas circulares e de terra, traerá a Carballo a pilotos de sona no Estado e, como non, a coñecidos pilotos locais. Deixámosche nesta ligazón máis info.

A xornada do domingo, en Razo, estará protagonizada polo volei praia. Ás once da mañá comezan as probas do "Torneo-foliada" nas pistas da Explanada. E, se non es de volei praia pero gústache pasalo ben xogando, a primeira hora da tarde podes participar en todo tipo de probas, como o tiro da corda, ou algunha ben curiosa, como o lanzamento de pedras de cereixa.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica