Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Esta finde, son varios os lugares, en Carballo e a un paso, onde haberá celebracións con motivo das festas do Apóstolo. Ademais, sendeirismo, arte e moito rock.

SÁBADO

Barón Rojo

Barón Rojo

Nordestazo Rock en Malpica. A partir das 17.30h. Los Enemigos, Barón Rojo e El Drogas, tres míticos do rock estatal, actuarán esta noite nesta vila da Costa da Morte. Ademais, o festival contará coa bandas coruñesas Ánima e Los Mecánicos, e cos tamén galegos Terbutalina, Monoulious Dop e Anton DJ. As actuacións terán lugar na zona do porto, a partir das 17.30h. Tamén haberá zona de acampada. A entrada anticipada custa 16 euros e mais gastos de distribución. Máis info nesta ligazón.

Ruta nocturna por Vimianzo. E se prefires un plan máis tranquilo, e ademais, gustas de andar, o teu sitio na noite do sábado pode ser Vimianzo, onde terá lugar unha ruta nocturna polo patrimonio de Berdoias. Será un traxecto circular de 4,2 quilómeros e cunha duración de dúas horas e media. A saída será dende o Castelo ás oito da tarde. O prezo, 3 euros. Inscricións en visitavimianzo@gmail.com. A ruta dará a oportunidade de coñecer os petróglifos de Pedrouzo, o dolmen, a igrexa, o cruceiro, a casa fidalga e outros exemplos de arquitectura tradicional. Info aquí.

TODA A PONTE

Festas de Santiago Apóstol en Sísamo: A parroquia de Sísamo celebra estes días as súas festas patronais. O venres 25 contará coa Orquestra Generación, tanto para a sesión vermú como a para a verbena da noite, onde estará acompañada poloa discoteca móbil Sonora Music. O día 26, a amenización musical correrá ao cargo do grupo América SL e do DJ David. O último día, o domingo 27, sesión vermú e mais verbena estarán protagonizadas polo grupo Metrópolis. Tamén haberá festas en Cereixo (Vimianzo), do 24 ao 28 de xullo, con orquestras como o Combo Dominicano, Fania Show ou Ciclón, e en Pasarela-Calo (os días 23 e 24) que terán a Camela como actuación estelar

Exposicion Arte e Natureza no Pazo da Cultura: Últimos días para ver a exposición "Arte e natureza", na que participan máis dunha trintena de artistas locais. A mostra, que reúne disciplinas diversas, dende a fotografía e a pintura até a cerámica e a escultura, estará aberta ao público até o 31 de xullo no terceiro andar do Pazo da Cultura todos os días da semana, fin de semana incluída, en horario de cinco a oito e media da tarde. Entrada de balde. Máis info neste enlace.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica