Axenda da finde
Esta finde, en Carballo e a un paso, moita festa: actuación de Os 7 Magníficos e mais Un en Carballo, verbena en Lema, Carlos Blanco en Malpica e Festa do Percebe no Roncudo
VENRES
Os sete magníficos e mais un. Xardín municipal de Carballo. 20.00 h.Dous aloucados paiasos que queren ofrecer un arriscado número mais que só conseguen unha sucesión de desastres que arrinca risos e máis risos do público, entre gags desternillantes, improvisacións e, en definitiva, un animado cóctel de circo e máis clown. O venres, no xardín municipal, ao caer da tarde, "Os sete magníficos e mais un", con Pedro Brandariz e Fran Rei. De balde.
Festas en Lema. O venres é o último día das festas en Lema, unha das principais parroquias costeiras de Carballo. Actuará para a sesión vermú e a verbena a orquestra Ritmo Joven. O campo da festa, no Igrexario de Lema.
A comisión de festas está xa a organizar a tradicional mexillonada que, este ano, probablemente se celebrará o 9 de agosto xunto á capela de Santa Irene de Castrillón, un fermoso mirador natural con amplas vistas do espazo costeiro Razo-Baldaio.
Monólogo de Carlos Blanco. Casa do Pescador de Malpica 22.45. Non é, nin moito menos, a primeira vez que Carlos Blanco vén á Costa da Morte, pero sempre consegue sorprender. Grazas á Asociación Cultural Tralla, o actor e humorista actuará este venres en Malpica. A entrada anticipada a 10 euros (podes conseguila no Belle Epoque en Carballo ou no pub Jofra en Malpica), e a 12 en taquilla.
SÁBADO
Festa do Percebe do Roncudo: Chámanlle O Roncudo polo son ronco do mar a bater contra as rochas. Delas extráense os famosos percebes do Roncudo, os protagonistas dunha coñecida festa gastronómica que, este ano, chega á súa vixésimosegunda edición. O mediático científico Jorge Mera será o pregoeiro. Haberá obradoiros infantís, charangas e actuación dun dj a partir das dúas da tarde. E, pola noite, verbena. A ver se superan as 3.000 racións que venderon o pasado ano!
Festival do legado do Tibu. Camariñas. Praia de Ariño. Todo o día. Sorprendente foi o éxito, nas redes sociais, do legado do Tibu, que puxo a máis dun e dunha, a máis dun cento e mesmo a milleiros, a remollo antes do verán. Este sábado, celébrase o festival do legado do Tibu en Camariñas, na praia de Ariño, en Xaviña. Haberá polbo e churrasco, actividades infantís e gravación do videoclip do tema "El legado", por Ricura. A partir das once da noite, música con dijeis como Marcos Magán, Groove Amigos, Javier Rial, David Voss, Pablo Pintos, Rojer e Rubén Martíne. Haberá autobuses dende diferentes puntos da Costa da Morte, entre elas, Carballo
DOMINGO
Certame de pintura ao aire libre. Ponteceso: A Fundación Eduardo Pondal, organiza, para este domingo, a terceira edición do Certame de Pintura ao aire libre Álvarez de Sotomayor. Repartiranse en total uns 9.200 euros en premios. As persoas que queiran participar deberán presentarse no centro cultural do Concello entre as 9.00 e as 11.00, e terán até as cinco da tarde para pintar os seus cadros, que deberán inspirarse en espazos da vila de Ponteceso. Máis info en Máis info aquí.