Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Campionato de España de Autocross chega a...

Compartir:

O Campionato de España de Autocross chega a Carballo

Celébrase esta fin de semana no Circuíto de Bértoa, un dos mellores de Galicia.

Esta finde, no Circuito de Motor de Bértoa, celébrase o VI Autocross Carballo. É a cuarta proba do Campionato de España de Autocross e nela participarán un total de 78 pilotos, entre os que se encontran os mellores de todo o Estado. Tal é o caso de "Cohete" (José Antonio Suárez), corredor oficial de ACSM no Campionato do Mundo de Rallys, que quere mellorar en Carballo a súa xa espectacular conducción sobre terra.

O ano pasado, outro mundialista, Dani Sordo, a quien entrevistamos para Turismo Carballo, tamén participou nesta mesma carreira. "Cohete"competirá na categoría Car-Cross sobre un Semog, xunto cos líderes do campionato con presenza sa confirmada, os cataláns Marc Batlle e Jordi Puigbet, o mallorquín Juanjo Moll e o piloto local Maikel Vilariño.

A novidade será a modalidade Júnior Car Cross, na que competirán pilotos que non superen os 17 anos.

O venres pola tarde comezaron as verificacións administrativas opcionais na explanada do Pazo da Cultura, que continúan o sábado pola mañá. Pola tarde, a partir das tres, comezan os adestramentos oficiais e terá lugar a primeira manga clasificatoria no Circuíto de Motor de Bértoa.  

O domingo pola mañá poderemos ver a segunda manga clasificatoria e as finais a partir das once. A entrega de premios está previsto para as 12.30 horas.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica