Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Nesta finde de feira, quedada do exitoso grupo de facebook "Es de Carballo se..." e, ademais, exposición de artistas locais e fin da tempada sendeirista de primavera

VENRES

Concerto de Killer Cats. Sala Dublín. 22.00h. De balde. Creouse ao redor da Semana Santa e agora son xa máis de 2.000 membros. O grupo de facebook "Eres de Carballo si…" pasa dos encontros virtuais aos reais.  

Despois de varios meses sacándonos o riso ao compartir experiencias que nos unen a todos e a todas como carballeses, o venres, 6 de xuño, veranse as caras. Será na Sala Dublín, ás 22.00 horas, cunha banda sonora moi ligada á vila. Actuarán, de balde, os Killer Cats, grupo rockabilly carballés.

SÁBADO

Praia de Traba

Praia de Traba

Andaina por Vimianzo. Pola mañá. De balde. Remata en Vimianzo o programa de andainas  "Coñece a Costa da Morte" coa ruta "O noso mar". Trátase dun itinerario lineal de 12 quilómetros con punto de partida na Ponte da Furaqueira e remate na praia de Boaño, en Traba.  As e os camiñantes pasarán pola ribeira do Río Grande, dende a ponte da Furaqueira até Pasarela, subirán polos Penedos de Carantoña e dirixiranse a Sabadelle, ao pequeno tramo costeiro que o concello de Vimianzo ten entre os concellos de Camariñas e Laxe. Proseguirá a andaina pola lagoa de Traba e rematará na praia de Boaño. A ruta comezará ás 10 da mañá e rematará ao mediodía.

DOMINGO

Ríos de Sofán

Ríos de Sofán

Sendeirismo polas ribeiras de Sofán. A asociación ambiental Senda Nova pecha tamén o seu programa "Primavera en ruta" cun fermoso itinerario á beira dos ríos da parroquia de Sofán. Será a segunda vez que se percorra esta ruta, deseñada por Senda Nova e estreada no pasado outono. O venres é o último día para inscribirse. Consulta aquí cómo facelo.  Podes encontrar  tamén máis sobre as características do roteiro na info que publicamos  daquela. Trátase dunha ruta circular con inicio e fin na igrexa parroquial de San Salvador e un trazado extraído da ampla rede fluvial que atravesa Sofán.

Sendeirismo. Fin do Camiño dos Faros. Esta fin de semana rematará tamén a terceira edición do Camiño dos Faros, ruta sendeirista que percorre o litoral da Costa da Morte ao longo de 200 quilómetros, dende Malpica até Fisterra. O último tramo, de 26 quilómetros, partirá de Nemiña. A quedada será ás nove da mañá en Fisterra, onde un bus trasladará ás e aos camiñantes  ao punto de inicio.

EN CURSO

Obra de O´Mighelo

Obra de O´Mighelo

Exposición "Tómalle unha con arte". Até finais de mes seguirá aberta a exposición Tómalle unha con arte. Catorce artistas locais, integrad@s na asociación artística Crea Formas exporán a súa obra noutros tantos bares e pubs carballeses. Participan Adriana Díaz (Cervantes), Cristina Castro (Dublín), Antonio Taracido (O Xabarín), Mónica Noya (O Mexillón), Santiago Castro (Jaque Mate), Milagros Cotelo (Manaus), Lola Oviedo (A Cabaña), Mon Lendoiro (O Patacón), Tomás Luna (Bulevar), Isa Fernández e Jacobo Veiga (A Cova), Ana García (Ánfora), Miguel Couto (Valle Inclán), Chiña (A Pedra), Santi Picos (Abastos) e O´Mighelo (Colón).


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica