Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Na busca do tesouro

Compartir:

Na busca do tesouro

Atopa o tesouro este venres, 20 de xuño, e conseguirás unha viaxe a Eurodisney. Has de seguir as pistas que quedaron agochadas en varias tendas da vila

A imaxinación está a ser un dos puntais da promoción do comercio carballés, un dos principais atractivos e motores económicos  desta nosa vila de historia e tradición feiranta. A última iniciativa do programa Quedamos en Carballo, que bota man da cultura, da orixinalidade e das novas tecnoloxías para a promoción da nosa ampla rede de pequeno comercio en aberto, anímanos a partir á procura do tesouro.

O venres, 20 de xuño, de cinco a sete da tarde, levarase a cabo un peculiar concurso de suculenta recompensa: unha viaxe a Eurodisney. Poden participar parellas conformadas por unha persoa maior de idade e un cativo ou cativa de 6 a 11 anos. Deberán aplicar toda a súa pericia para ir descubrindo as pistas agochadas nos estabelecementos participantes.

O concurso, que nun principio ía ser celebrado o 14 de xuño, trasládase así a esta semana, e amplíase de igual modo até o día 18 de xuño o prazo de inscrición.

Como inscribirte

O premio será para quen chegue antes ao punto de encontro coa tarxeta cuberta cos selos e sinaturas dos estabelecementos participantes que acrediten ter superado todas as preguntas e probas de habilidade.

O premio será para quen chegue antes ao punto de encontro coa tarxeta cuberta cos selos e sinaturas dos estabelecementos participantes que acrediten ter superado todas as preguntas e probas de habilidade. Non é a primeira das iniciativas que, nesta primavera, bota man da orixinalidade para promover as nosas tendas.

Podes inscribirte das seguintes formas:  

-Online, en www.quedamosencarballo.wordpress.com.

-No Museo de Bergantiños ou no Fórum de Carballo. Deberedes levar o cupón de inscrición que che adxuntamos. Lembra que o Museo está aberto de luns a sábado pola mañá de de 12.00 a 14.00, e pola tarde de 18.00 a 20.00h. O horario de atención ao público no Fórum é de 9,00h. a 14.00 h.

Quedamos en Carballo

O programa Quedamos en Carballo, da concellaría de Promoción Económica e Turismo, organizou en abril un concurso na rede social foursquare, o "Check in Carballo", que tivo como premio unha viaxe a Turquía, e impulsou así mesmo o "Contos de taberna", relatos escritos  e ilustrados por creadoras e creadores ligados á vila e inspirados en estabelecementos hostaleiros carballeses, que foron presentados nos propios locais entre o Día do Libro e o das Letras Galegas.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica