Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Festexando o Día das Letras

Compartir:

Festexando o Día das Letras

O poema

O poema "Penélope", de Díaz Castro

O 17 de maio, o día en que se celebra o aniversario da publicación do Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que supuxo a volta do galego á lingua escrita despois de varios "séculos escurso", en Carballo estamos de festa. Porque si, é un día para todas e todos celebrar, e os actos involucran a todo o mundo a pé de rúa.

Pola mañá terá lugar o tradicional maratón literario, no que de 11.00 a 13.30 horas, e no xardín municipal, se dará lectura ininterrumpida a autoras e autores homenaxeados no Día das Letras, con especial atención a Xosé María Díaz Castro, o escritor que protagoniza este 17 de maio. Poranlle voz é escrita un bo grupo de persoas pertendentes a asociacións e centros de ensino do municipio. O maratón estará amenizado pola Asociación Coral Ribeiras do Anllóns, polas Cantareiras de Nemeth, pola Banda Tradicional de Gaitas e pola Banda Municipal de Música de Carballo, que se encargará do Concerto das Letras  na rúa Coruña, tan pronto rematen as lecturas. Para participar no maratón, só é preciso reservar até o 15 de maio no propio Pazo da Cultura (981 704300, culturacarballo@carballo.org).

Concurso Infantil de Pintura

"O 17 de maio, as e os peques poderán participar no concurso de pintura organizado por Lumieira e gozar coa actuación de Baobab Teatro"

As e os peques poderán participar ese mesmo día no Concurso Infantil de Pintura Luís Calvo, unha iniciativa da asociación cultural Lumieira que chega este ano á súa trixésimo quinta edición. A mañá completarase cunha boa ración de teatro, da que poderán gozar nenos e nenas maiores de tres anos. O grupo Baobab Teatro actuará na Ludoteca ás 12.00. En caso de choiva, tanto o concurso como o maratón literario trasladaranse ás instalacións próximas do mercado municipal.


A Festa das Letras


En vésperas do 17 de maio, celebramos en Carballo a Festa das Letras, na que damos entrega ao Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores do Concello, que este ano chega a súa décima edición cun recoñecemento e prestixio máis que consolidado no ámbito galego. 

Será a partir das nove no Pazo da Cultura e actuarán Os tres trebóns, con ese auténtico trebón de enerxía que é Xurxo Souto, e María M.C.

Un mes para as Letras



Maio é, para o concello de Carballo, o mes das Letras. Así que, aínda que o epicentro sexa o 17 de maio, as actividades prolónganse ao longo das semanas anteriores e posteriores.  Unha das iniciativas máis novedosas é a que leva por nome "Contos de taberna": catorce contos, elaborados  conxuntamente por escritores/as e artistas plásticos da zona, inspirados en catorce cafetarías, mesóns  e locais hostaleiros da zona. Cada un dos contos está a ser presentado no local que lle deu vida. A iniciativa botou a andar o Día do Libro e pechará co Día das Letras.

Teatro afeccionado

"As iniciativas culturais de base popular estarán moi presentes. O domingo, 18 de marzo, ás cinco e media da tarde, terán lugar no local social de Verdillo os Encontros Culturais de Arume. O teatro afeccionado, así mesmo, contará cun lugar protagonista"

Pero, ademais, as iniciativas culturais de base popular estarán moi presentes.  O domingo, 18 de marzo, ás cinco e media da tarde, terán lugar no local social de Verdillo os Encontros Culturais de Arume. O teatro afeccionado, así mesmo, contará cun lugar protagonista: O xoves, 15 de maio, ás oito da tarde, o grupo de teatro da Escola Oficial de Idiomas representará  "Lola", "The True Story", "Three little pigs" e "The other Cinderella Story". A entrada será de balde.  Seguiralles , ás nove da noite, a Aula de Teatro Municipal de Carballo con "Pequenas escenas".

O sábado 24, o grupo de teatro da asociación cultural Coro Vagalume presentará, ás sete, "A bela non durminte" e "Os Malandríns", e o domingo 25, ás oito e media da tarde, "Os cavernícolas" e "A lenda de Robing Hood". O venres, 30 de maio, ás nove da noite, actuarán a asociación cultural Coro Ribeiras do Anllóns con "A moa", "Unha cousa pola outra" e "O testamento do tío Nacho". A entrada será de balde con  convite, ao igual que no caso da actuación asociación cultural Coro Vagalume.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica