Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Comeza a conta atrás para o Carballo Interplay

Compartir:

Comeza a conta atrás para o Carballo Interplay

O 24 de abril iniciarase, en Carballo, o primeiro festival de webseries do Estado.

Promocionando o Carballo Interplay nos premios Mestre Mateo

Promocionando o Carballo Interplay nos premios Mestre Mateo

Comeza a conta atrás para o Carballo Interplay (CIP), o primeiro festival de webseries do Estado, e a organización non para de sorprendernos coa cálida e afectiva acollida que están conseguindo das e dos profesionais do audiovisual galego, tal e como puidemos comprobar na gala dos premios Mestre Mateo. Caras que che resultarán ben coñecidas da nosa pequena pantalla, como Isabel RiscoCamila BossaFederico Pérez Rey,  Patricia Vázquez ou Marcos Pereiro, promocionaron o noso Carballo Interplay.

E non é esta a única sorpresa recente.  A capital bergantiñana vai ser escenario da estrea mundial do último capítulo da exitosa webserie Malviviendo. Será o 25 de abril, ás 21.30 no Pazo da Cultura, e contará  coa presenza do seu director e guionista, David Sáinz e coa directora de produción, Teresa Segura, que son, ademais, os padriños do festival. Tal é a expectación que suscitan as estreas dos capítulos de Malviviendo na gran pantalla, que adoitan encher salas e teatros.

Audiovisual, música e diversión

Unicornibot será cabeza de cartel no concerto do sábado 26

Unicornibot será cabeza de cartel no concerto do día 26

Os Unicornibot, exitosa banda de rock instrumental con gran respaldo tanto de público como de medios especializados, serán cabeza de cartel no concerto que terá lugar na sala Dublín, onde actuarán co grupo Calixta e co dj compostelán Bigote Mix. Se queres ir, non te descoides, porque as entradas xa están á venda. A noite anterior, a do venres, será a das bandas  locais. The Gentlemen, Arabian Evils e Apart actuarán tamén na Dublín.

A sección oficial acollerá un total de 35 webseries, que serán exhibidas o xoves, o venres e o sábado e entre as que se escollerán as gañadoras.  E poderemos ver tamén outra primicia: a webserie "Tonhito, ti es especial", que fixo o alumnado do obradoiro que tivo lugar ao longo do mes de marzo baixo a batuta do director Javi Camino.

Fervedoiro de ideas

Aspectos como as novas fórmulas creativas que abre a rede para o audiovisual, ou as formas de financiamento, serán debatidos ao longo destes días.

O festival, como non, daralle un importante lugar á  reflexión. Aspectos como as novas fórmulas creativas que abre a rede para o audiovisual, ou as formas de financiamento, serán debatidos ao longo destes días.  Unhas das últimas sorpresas foi saber que o televisivo humorista e actor Xosé Touriñán estará no CIP falando do imaxinario sobre Galicia que se proxecta a través dos vídeos que podemos atopar en youtube. Será no primeiro Código Fonte Audiovisual, un formato híbrido entre a conferencia e a proxección, que terá lugar en Galicia.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica