Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Esta finde, haberá un pouco de todo: concertos, humor, sendeirismo, charlas, e até a gravación dunha webserie.

VENRES

Rockarballo. 21 h. Pazo da Cultura. Oito bandas carballesas actuarán na noite do venres no Pazo da Cultura. Música made in Carballo que reúne a grupos veteranos e noveis, versións propias e temas que forxaron a memoria musical colectiva, e estilos diversos, do rock ao garage, o funk ou o indie. Cada grupo terá un cuarto de hora para tocar catro temas. Actuarán  Killer Cats, Dude, Lowcos, Tinperis, The Cerne, The Gentlemen Band, Version Imposible e Kids. Toda a info (novidades, repertorio, sorpresas…) aquí.

SÁBADO

Gravacións no obradoiro de webseries. O curso de webseries chega esta finde á súa terceira edición, e farao cunha intensa xornada (mañá e tarde) de gravacións en diferentes escenarios de Carballo: o Monte Neme, a vella estación de autobuses, o Fórum, o Museo de Bergantiños,  ou o depósito da auga, no barrio do Chorís. A webserie sobre Carballo que están a crear (un falso documental de ciencia ficción) comeza a coller forma.

Charla sobre Ribeira da Pena. Fórum. 18.30h. Evaristo Fernández Rial, un gran coñecedor do medio ambiente e o patrimonio carballés, será o encargado de falarnos do bosque de Ribeira da Pena, unha das masas arbóreas autóctonas máis importantes da Costa da Morte, que poderemos coñecer, a pé, ao día seguinte, domingo, na ruta sendeirista organizada por Senda Nova. Deixámosche aquí máis info sobre as xornadas de interpretación dos bosques, nas que se encadra esta actividade.

Combo Dinamo. Sala A Reserva. 23.00h. Este sábado, na Reserva, teremos o pop rock de Combo Dinamo, gañadores do festival Noroeste Pop Rock da Coruña co seu anterior disco "Quieto, muere, resucita!!!". Volven agora aos escenarios cun novo traballo, o seu EP "Nº 1", catro novas cancións que están xa dispoñibles no seu bandcamp. A entrada custa cinco euros.

Monólogo de Alberto Montes. Pub Goldie. 00.30h.  Tras o rock canalla de Recambios Tucho a semana pasada, na noite deste sábado, no Goldie, toca humor. Con nós teremos ao  monologuista Alberte Montes, un galego que, malia a estar vivindo na actualidade en Barcelona, non perde a retranca. Traballou en programas como Tourilandia, Buenafuente ou Salvados en La Sexta, así como en diversas curtas, obras de teatro e películas.

DOMINGO

Ruta Sendeirista a Ribeira da Pena. O domingo pola mañá, coa asociación ambiental Senda Nova, poderemos adentrarnos, a pé, o bosque da Ribeira da Pena, entre os concellos de Carballo e Cerceda. A visita daranos oportunidade de coñecer non só o bosque senón tamén importantes elementos patrimoniais do concello como o dolmen  de A Pedra Moura ou o castro de Aldemunde.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica