Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

O venres tivemos teatro coa compañía Voadora, música dos 80 con Carlos Bau e presentación literaria con Rafael Lema. Hoxe será sábado de cine e de humor.

Ciclo de cine francés

Fotograma de

Fotograma de "Les petits mouchoirs"

Este sábado, ás oito e media da tarde no Pazo da Cultura, comezará o ciclo de cine francés que organiza o comité de irmanamento L´Isle Jourdain. Farao con "Les petits mouchoirs" ("Pequenas mentiras sen importancia", de Guillaume Canet, que foi, en 2010, a película máis vista nos cines franceses.

O filme, como todos as do ciclo, será en versión orixinal con subtítulos en español. A entrada, gratuíta.

Humor na Barra Bar

Evaristo Calvo, en

Evaristo Calvo, en "O turista madrileño"

Este sábado, en A Barra Bar, teremos noite de humor. O actor Evaristo Calvo traeranos a un dos seus personaxes, "O turista madrileño" que, co seu polo roso e a súa gorra de España, nos dará a súa peculiar visión das e dos galegos.

"O turista madrileño" é creación de Zopilotes, o mesmo equipo que elaborou durante varias tempadas para a Televisión de Galicia o programa de humor "Air Galicia". Será a partir das dez da noite. A entrada, a 3,5 euros.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica