Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo vai de voda

Compartir:

Carballo vai de voda

Esta fin de semana achégate a Expo Voda, o único salón de vodas, comuñóns e celebracións de toda a Costa da Morte

Que te convidaron a unha celebración  e non sabes que poñer? Que es ti quen organiza e andas a mil cos preparativos? En Expo Voda atoparás, seguro, ideas, dende o vestiario e o peiteado até as flores, os doces ou a animación. Terá lugar esta fin de semana, no Fórum de Carballo, e reunirá un total de 33 expositores, de campos como o téxtil, a fotografía, a xoiería, a restauración, a repostería creativa, a animación musical ou as actividades infantís. E, como os traxes de voda non é o mesmo velos no escaparate ca vestidos, tanto o sábado coma o domingo haberá desfiles, para os que se habilitará unha carpa ex profeso nun dos patios exteriores do Fórum.

O programa vai acompañado de diversas actividades, de once a nove da noite, tanto o sábado como o domingo. Ademais dos desfiles, para os que, o ano pasado, o aforo se quedou corto, haberá tamén degustación de xamón gratuíta, karaoke e diversas actividades de ocio infantil, para que as e os peques non se aburran demasiado mentres a xente maior mira e remira.  

Expo Voda é o primeiro salón de vodas, comuñóns e salóns de toda a Costa da Morte. Foi organizado por primeira vez o ano pasado polo Centro Comercial Aberto de Carballo (CCA Carballo) e conta coa colaboración do Concello

A idea, cóntanos Mª Carmen Freire, do CCA, xurdiu como un modo de promoción do comercio local, tendo en conta a capacidade de mobilización coa que contan este tipo de eventos, que obrigan a ir de compras non só a quen os protagoniza e organiza senón tamén á xente convidada.  

O desfile terá lugar ás sete da tarde o sábado, e repetirase o domingo á mesma hora. Sobre a pasarela, modelos aficcionad@s amosarannos as creacións das tendas da contorna.

A superficie expositiva incrementouse este ano aos 300 metros cadrados. Un espazo no que poderás atopar, concentrada, e sen necesidade de viaxar de vila en vila ou de percorrer tendas de rúa en rúa, a mellor esencia da oferta en materia de celebracións das tendas da nosa contorna.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica