Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O certame fotográfico Xosé Manuel Eirís repartirá...

Compartir:

O certame fotográfico Xosé Manuel Eirís repartirá 1.850 euros en premios

O concurso é convocado polo Concello de Carballo e ten ámbito estatal

Exposición de fotos dunha anterior edición do certame

Exposición de fotos dunha anterior edición do certame

Unha das primeiras convocatorias culturais do ano é sempre o certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, un concurso de ámbito estatal que este ano chega xa á súa décimo-sexta edición. Se es amante do mundo da fotografía, se soñas co encadre ou coa luz perfecta, vai preparando a cámara, a imaxinación e a técnica. Nos documentos adxuntos a esta información, poderás consultar as bases e o modo de inscrición. Dende o 30 de xaneiro até o 24 de febreiro estará aberto o prazo para a presentación de traballos.

Serán, en total, 1850 euros en premios, repartidos do seguinte xeito: 700 euros para quen gañe o certame, 450 para quen quede en segundo lugar e un "premio especial Carballo" para a mellor imaxe que faga referencia ao municipio en calquera dos seus aspectos. O xurado poderá, tamén, conceder accésits por valor de 250 euros. Cada participante terá a posibilidade de presentar até tres obras. O primeiro e o segundo premio recibirán, ademais, un diploma acreditativo.

"O certame rende homenaxe a unha das persoas que deixou máis pegada na cultura carballesa, Xosé Manuel Eirís, animador cultural e cantautor, xa falecido, que tiña á fotografía entre as súas afeccións"

O certame rende homenaxe a unha das persoas que deixou máis pegada na cultura carballesa, Xosé Manuel Eirís, animador cultural e cantautor, xa falecido, que tiña á fotografía entre as súas afeccións.

O xurado estará conformado por persoas expertas. O Concello, ao igual que xa fixo en anos anteriores, poderá expoñer os traballos presentados. Será, en tal caso, nun prazo de catro meses a partir da data do fallo.

O ano pasado, o gañador foi Marcos Rodríguez, de Cee, quen xa se fixera co galardón noutra ocasión. Teresa Búa Javier Arcenillas, Paul Preece, Xesús Búa, Luis Miguel Dopico, Antonio Benítez ou Juan Ramón Martín fórono en edicións anteriores. E o próximo, e a próxima, ¿quen sabe? Quizais sexas ti.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica