Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Blues rock na Sala A Reserva con Dixie Town

Compartir:

Blues rock na Sala A Reserva con Dixie Town

A Sala A Reserva comeza o ano coas mesmas forzas coas que rematou o 2013. O sábado será a quenda do blues rock, con Dixie Town, un concerto no que este power trío vigués nos presentará o seu último traballo, "O furacán". Se gustades das sonoridades americanas setenteiras, do rock, do blues e da psicodelia, aproveitaravos escoitalos en directo.

O blues rock vive un bo momento no Estado e os Dixie Tows son dos poucos que abandeiran este xénero. No seu último disco, o cuarto traballo da súa traxectoria, regálannos catorce cancións dun blues intenso, no que revelan algunha das súas influencias máis ocultas e acoden a moi diversos referentes, como Jim Ford, Tony Joe White, Captain Beefheart ou 13th Floor Elevators.

Coa entrada, tamén entrarás a participar no sorteo, a final deste 2014,  dun instrumento elaborado polo luthier carballés Paoson. O do pasado 2013, unha guitarra, foi sorteado recentemente, no mes de decembro.  

O concerto iniciarase a partir das once da noite. A entrada custa cinco euros, aínda que será de balde para as persoas abonadas.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica