Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Os Reis Magos desvélannos detalles da súa visita...

Compartir:

Os Reis Magos desvélannos detalles da súa visita ao concello de Carballo

Haberá cabalgatas tanto no núcleo urbano como nas parroquias

Debuxo dos Reis escollido para a postal de Nadal, do neno Alberto Calleja

Debuxo dos Reis escollido para a postal de Nadal, do neno Alberto Calleja

Xa se vai achegando o día sinalado, o día de Reis, e cada vez sabemos máis datos sobre as visitas que os magos de Oriente farán pola vila e polas parroquias de Carballo.

A cabalgata  comezará a percorrer o núcleo urbano de Carballo ás seis da tarde, xunto ao Centro Comercial. A comitiva real estará conformada polas tres carrozas  nas que poderemos ver a Melchor, Gaspar e Baltasar. Completando o séquito, irán varios paxes axudando no reparto de caramelos dende un camión. Este ano, por certo, está previsto que repartan uns 600 quilos de caramelos.

A comitiva percorrerá Carballo ao ancho e ao longo. Dende o Centro Comercial, dirixirase ás rúas Poniente e Barcelona, até chegar ao barrio da Milagrosa. Dende aí, e pola rúa Compostela, chegará á Brea e continuará polas rúas Berdillo, Sol, Gran Vía e Vázquez de Parga. Na rúa Coruña, os Reis Magos farán unha parada para visitar o Belén da igrexa parroquial de San Xoán.

A chegada á praza do concello está prevista entre as sete e media e oito da tarde.  Alí agardaranos os cativos e cativas carballesas que, dende as seis, poderán matar o tempo de espera nos obradoiros de globoflexia e animación previstos para a ocasión. Os Reis Magos serán recibidos polo alcalde e, logo, tralo discurso de Melchor, atenderán aos nenos e nenas do Concello, a quen lles entregarán unha bolsa con caramelos e cun globo.

A comitiva dos Reis Magos tamén visitará as parroquias do concello. En Ardaña estarán xa o sábado 4. O percorrido será o mesmo ca noutros anos. Comezará ás tres e media da tarde e rematará ás seis e media en Gontade. O domingo 5,  a comitiva real pasará por Berdillo, Bértoa, Baldaio, Sísamo, Oza e Entrecruces. E o propio día de Reis estarán en Sofán, Razo, Lema, Artes, Cances e Rus.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica