As cabalgatas protagonizan a primeira finde do ano
Concerto do trío de blues rock Dixie Town na sala A Reserva e homenaxe á regueifeira Asunción Antelo en Coristanco
Esta finde, o protagonismo será das cabalgatas de Reis. Na que percorrerá as rúas de Carballo, distribuiranse nada máis e nada menos que 600 quilos de caramelos, pero ademais, os Magos de Oriente irán estes días polas parroquias, facendo abrollar sorrisos en peques e non tan peques. Podes consultar máis info facendo click neste enlace.
Melchor, Gaspar e Baltasar realizarán o percorrido polo núcleo urbano o domingo 5. Iniciarano ás seis da tarde, xunto ao Centro Comercial, e rematarano na praza do Concello entre as sete e media e as oito da tarde, onde serán recibidos polo alcalde e onde atenderán aos nenos e nenas que alí agarden por eles. Para facer máis divertida a espera, a partir das seis, na praza do Concello haberá talleres de globoflexia e animación.
Doutra maxia, a da música, tamén teremos oportunidade de gozar estes días. Aquí vos deixamos dúas propostas moi, moi diferentes.
Por unha banda, blues rock na sala A Reserva, na noite do sábado, co grupo vigués Dixie Town.
Nun momento de auxe en España para este tipo de música, os Dixie Town son dos poucos que abandeiran este xénero, así que non volos perdades.
Ampliámosche aquí a información.
Por outro lado, e xa saíndonos de Carballo, na escola da parroquia de Seavia, en Coristanco, teremos tarde de regueifas tamén o sábado 4.
Tres regueifeiros de la zona carballeses (Suso e Antonio de Xornes, e tamén Guillermo de A Rabadeira) reuniranse en homenaxe a Asunción Antelo. Antelo é coñecida como "regueifeira de Bergantiños" quen, aos seus 94 anos, é unha das máis veteranas e queridas artistas da nosa zona.