Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Os talentos máis novos de Carballo actúan hoxe no...

Compartir:

Os talentos máis novos de Carballo actúan hoxe no Concerto de Nadal

O repertorio que nos ofrecerá o alumnado do Conservatorio combinará obras clásicas, populares e contemporáneas

Orquestra de corda do Conservatorio

Orquestra de corda do Conservatorio

O de Carballo é o único conservatorio profesional, non só da comarca, senón de toda a Costa da Morte. Algúns destes cativos e cativas teñen que percorrer máis de medio cento de quilómetros varias veces á semana para vir aquí a formarse dende concellos como Corme, Laxe ou Muxía. Hoxe pola tarde teremos oportunidade de apreciar o facer destes talentos de nova manufactura, as nosas promesas do futuro. Actuarán no Concerto de Nadal que protagonizará o alumnado de grao elemental e profesional do Conservatorio, incluído no Ciclo de Novos Intérpretes, no que nos amosan a súa evolución en concertos espallados ao longo do ano.

Sobre o escenario, poderemos ver e escoitar a intérpretes de 8 a 16 anos, á fronte dos máis variados instrumentos (percusión, piano, corda, saxofón, clarinete…) e cun repertorio do máis amplo que vai dende as panxoliñas até a bossa nova, pasando pola Carmen de Bizet que interpretará a orquestra ao final. Serán, en total, 21 intervencións, que inclúen a solistas, dúos, tríos e cuartetos, ademais das orquestras de corda e de cámara.

"Amosar o que estamos a traballar, promover a música e celebrar o nadal" son, segundo Francisco Vecino, o profesor e director do grupo de percusión, os obxectivos do concerto.

"Amosar o que estamos a traballar, promover a música e celebrar o nadal" son, segundo Francisco Vecino, o profesor e director do grupo de percusión, os obxectivos do concerto. Os nervios son habituais, dinos, sobre todo entre as e os máis pequechos, pero superalos forma parte das ensinanzas que lles han de achegar e, ademais, unha vez sobre o escenario, esquécense.

A entrada é gratuíta, até completar o aforo. O concerto comezará ás sete e media da tarde no Pazo da Cultura.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica