Carballo a un paso

Inicio // Que ver // Patrimonio // Patrimonio etnográfico // Os hórreos

Compartir:

Os hórreos

Hórreo tipo Fisterra

Hórreo tipo Fisterra

Hórreo tipo Coristanco

Hórreo tipo Coristanco

Á forza Bergantiños tiña que ser rica en hórreos. Bisbarra de produtivas terras, foi mesmo considerada celeiro de Galicia. Eran precisos, pois, espazos (chamémoslle hórreos, cabazos, cabás, canastros…) onde poder gardar as colleitas.

No concello de Carballo moitos deles son considerados BIC (Ben de interese cultural) e, como tal, contan coa máxima protección.

As modalidades de hórreos máis abondosos en Carballo son as coñecidas como Fisterra e Coristanco. Os hórreos tipo Fisterra non teñen casadeira ou celeiro (cuarto na parte baixa do hórreo usada tamén como almacén), senón unha serie de pes. Os hórreos tipo Coristanco, pola contra, están cerrados totalmente por abaixo, e si contan, polo tanto, con casadeira.

En todas as nosas parroquias poderás atopar hórreos en bo estado.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica