A final da Copa Galicia Infantil Masculina de Baloncesto, este domingo en Carballo
As semifinais xogaranse pola mañá e as finais pola tarde no pavillón Vila de Noia
Categoría infantil masculina da Escola Basket Xiria
Carballo é unha vila de sangue novo e con bo músculo, cunha gran querenza ademais polo deporte de base. Este domingo, eses pequenos grandes xogadores da categoría infantil galega de Baloncesto disputarán a fase final da Copa Galicia na nosa vila, no Pavillón Vila de Noia. A cita traerá a Carballo aos mellores xogadores galegos da categoría. O 90 por cento dos integrantes da preselección galega estarán, de feito, este domingo en Carballo.
O trofeo disputarase entre a carballesa Escola Basket Xiria, que actúa, ademais, de equipo anfitrión, o Sigaltec Vilagarcía, o Seis do Nadal Coia e o Instituto Rosalía de Santiago de Compostela.
Ás dez e media xogarase a primeira semifinal entre o Escola Basket Xiria e o Sigaltec Vilagarcía. Ás doce e media, disputarase o segundo posto na final entre Seis do Nadal Coia e Instituto Rosalía. Ás cinco, lidaranse na cancha o terceiro e o cuarto posto, e ás sete, iniciarase a final.
Participan na organización da fase final da Copa Galicia a Escola de Basket Xiria, o Concello de Carballo e a Fegaba (a Federación Galega de Baloncesto), coa colaboración da Deputación da Coruña, Carballo Deporte, Conservas Calvo e Construcciones Ramón Vázquez y Reino.