Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Novembro musical en Carballo

Compartir:

Novembro musical en Carballo

Dende rock até música tradicional, de corais ou bandas, en concertos totalmente gratuitos

Este será un novembro de música en Carballo. Todos os concertos e obradoiros serán gratuito, contarán  con gran protagonismo dos grupos e das bandas da zona, e prestarán atención a moi diversos estilos: dende o rock até as corais, a música tradicional ou as nanas. Haberá para todos os gustos. Ollade e, sobre todo, escoitade!

Sábado 9 e 30: Sons e bandas de aquí

Abren o ciclo os sons das gaitas e das cantareiras bergantiñás. O sábado 9, ás nove da noite, poderemos escoitar as gaitas da asociación Arume, San Cristovo e da Banda de Gaitas Municipal de Carballo e ás cantareiras de Cances, Arume, Nemeth, así como á Vella Troula de Lembranzas de Bértoa.

Será tamén unha banda senlleira de Carballo, aínda que non de música tradicional, a encargada de pechar o ciclo. O día 30, a Banda Municipal de Carballo, coas súas xa case tres décadas ao lombo, clausurará o novembro musical.

Venres 15: Pop-rock en Cances

Cartel de Live in Rock 2013

Cartel de Live in Rock 2013

O  rock correrá a cargo do festival Live in Cances, organizado pola asociación San Campio, que destaca polo seu dinamismo asociativo e musical.

Nesta ocasión, poderemos escoitar o rock and roll norteamericano de The Killer Cats, as versións españolas de todos os tempos de Versión Imposible, o toque indie guitarreiro de The Gentlemen e o rock en galego de Malavida. Será o venres 15, a partir das dez da noite, no local social de Cances.

Mércores 22 e 27: Obradoiro de nanas

A lingua na que aprendemos a falar, a lingua na que nos arrolaron e nos dedicaron as primeiras estimiñas e mimos, sempre ocupará un lugar especial no noso corazón e tamén na nosa vida. Se queres aprender a cantarlle ao teu bebé nanas galegas, interesarache este obradoiro, que imparten dous músicos de renome, Xavier Díaz e Guillerme Fernández, de Berrogüetto, aCadaCanto e Arrolos de Salitre.

Será os mércores 20 e 27, de cinco a oito da tarde. Podes inscribirte, de maneira totalmente gratuita, en horario de mañá e en días laborables, no 981704304, ou no Servizo de Normalización Lingüística, no Pazo da Cultura.

Sábados 16 e 23. Música de Corais

Coral de Bergantiños

Coral de Bergantiños

As corais bergantiñás tamén terán o seu protagonismo neste ciclo. O sábado 16 , será o festival de corais, coa Agrupación Polifónica de Carballo, o Coro Aires de Bergantiños e a Coral Polifónica de Bergantiños.

Unha semana despois, celebrarase o Santa Cecilia 2013, coa Coral Polifónica Atalaya, de Laxe, a Coral Airiños da Capela e a Coral Polifónica de Bergantiños.

Sábados 16 e 23. Para peques e familias

Os mércores 20 o protagonismo será da xente miúda. Ás dez e media e ás cinco da tarde, Fórmula Brass ofrecerá un concerto didáctico para alumnado de quinto e sexto de educación primaria de Carballo.

O domingo 24, ás seis da tarde, Susa Herrera traballará coas cancións do seu libro En Cabárceno se oye cantar, que ten como protagonistas aos animais do Parque da Natureza de Cabárceno.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica