Cruceiros
Nun histórico cruce de camiños, como Carballo é, non podían faltar os cruceiros. Até 42 hai espallados por todo o concello. De todos os tipos, formas e épocas. Dende os máis antigos, como o de Sofán, do século XVII, até os máis actuais, como a da praza de Galicia, mestura de tradición e modernidade.
O cruceiro da Praza de Galicia
O cruceiro da Praza de Galicia
1982 - Praza de Galicia. Carballo
Coordenadas UTM: X= 525230 Y= 4784640
Mestura de pedra e bronce, érguese en pleno centro neurálxico da vila, a Praza de Galicia, o cruceiro que en 1982 construíu o escultor Buciños en homenaxe a Alfredo Brañas.
Buciños é un nome de referencia na arte galega contemporánea.
Cruceiro de Ardaña
S.XVIII - A Igrexa. Ardaña
Coordenadas UTM: X= 525902 Y = 4780975
Do século XVIII, é un dos máis completos do concello. Destaca o realismo das imaxes do Cristo crucificado e da Virxe. Até hai pouco, aínda conservaba restos da cor que adoitaba, en tempos pasados, adornar os cruceiros.
Cruceiro de Berdillo
Cruceiro de Berdillo
A Igrexa. Berdillo
Coordenadas UTM: X = 528624 Y = 4784837
É o único do concello que ten varal, capitel e cruz con formas circulares.
Cruceiro de Entrecruces
A Igrexa. Entrecruces
Coordenadas UTM:X = 526069 Y = 4776418
De fina e esvelta talla, ten varal e cruz circulares e de superficie leñosa.
Cruceiro de Rus
S. XIX - Casal de Perros. Rus
Coordenadas UTM: X = 526720 Y = 4778575
Do século XIX, é obra do compostelán Xoán de Brocos. Conta con plataforma de tres escaleiras, varal circular e unha cruz que imita a pelica nodosa das árbores. O seu pedestal está adornado con diversos símbolos relacionados coa crucifixión, como os martelos, o hisopo ou as lanzas.
Cruceiro de Sofán
Cruceiro de Sofán
1660 - A Praza. Sofán
Coordenadas UTM: X = 529456 Y = 4783054
O cruceiro de Sofán, do 1660, é dos máis antigos da contorna. Ten gran valor, tanto pola súa antigüidade como polo seu valor artístico. Apóiase nunha elevada base conformada por cinco escaleiras.
Cruceiro do pazo de Vilar de Francos
Vilar de Francos. Artes
Coordenadas UTM: X = 528982 Y = 4781216
Destaca pola singularidade das figuras que aparecen representadas no anverso e no reverso da cruz. Dun lado, Cristo crucificado con San Francisco e Santo Antón de Padua. Do outro, a virxe co neno no colo e dous anxos, aos seus pés, a lúa e un querubín.