Introdución
O espazo natural Razo-Baldaio
Neste rico espazo natural xúntanse o mar e a terra, a auga do océano e dos ríos, nun bico doce e salgado.
Baldaio é un dos máis valiosos espazos naturais de Galicia. Humidal de destacada importancia ecolóxica, é Rede Natura e foi declarado pola UE como zona de Especial Protección para as Aves.
Marisma de Baldaio
A súa paisaxe, mestura de mar aberto, lagoa e marisma, é ademais auténtico regalo para os ollos e lugar para o acougo e o relax.
En tempos remotos, un brazo de area pechou o que até entón era unha enseada e deu lugar a un fecundo espazo natural onde conflúe o mar coa auga dos ríos da contorna. Un cordón de máis de tres quilómetros de dunas (algunha delas de até 20 metros) une Baldaio coa praia de Razo, conformando no seu conxunto un dos areais máis extensos de Galicia.
Baldaio, espazo natural protexido - Bahía Edicións, A Coruña