Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Stand turístico

Compartir:

Stand turístico

Stand turístico de Carballo

Stand turístico de Carballo

Presentámosvos o stand de turismo do Concello de Carballo. Estará con nós ao longo dun mes na Praza do Concello, para que, todas aquelas persoas que vos acheguen á nosa vila, poidan saber de modo rápido todo o que lles temos  que ofrecer.

O stand encádrase na campaña turística "Carballo a un paso", que este verán estamos a empregar para presentarlles os nosos mares e praias, os nosos montes e ríos, a nosa riqueza balnearia,  a nosa historia e a nosa tradición comercial, a todas as persoas que veñan a visitarnos.

O stand procura unha imaxe moderna, dinámica, xuvenil e moi atractiva, simbolizada pola cor fucsia que nel predomina, ao igual que na campaña "Carballo a un paso".

Trátase dunha estrutura móbil que nos permitirá anunciar o concello de Carballo en todos aqueles espazos, como por exemplo, feiras turísticas, que poidan resultar de interese para a promoción do noso concello.

Estará aberto ao público de xoves a sábado e domingo de feiras pola mañá, de 11 a 2. Pola tarde, de martes a sábado, de 7 a 9 da tarde.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica