Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Festival Sereas e Piratas ensínanos o Razo máis...

Compartir:

O Festival Sereas e Piratas ensínanos o Razo máis indie

Festival Sereas e Piratas

Actuación no Sereas e Piratas

Por fin! Xa case chegou! Un ano máis, a praia de Razo volverá encherse de música e deporte co festival Sereas e Piratas, que é xa todo un referente da música indie en Galicia. Será este sábado, 31 de agosto, e terá como grupo estrela á banda indie-rock "Chucho", que ofrecerá en Razo o seu único concerto en Galicia despois dun parón de oito anos.

Ademais, como non podía ser doutro modo, o festival renderá tributo ao panorama undergroung galego, nun refrescante cóctel que combina grupos carballeses, como os recoñecidos Franc3s ou Holycrab, e do resto de Galicia, como Wild Balbina, Músculo! e Lagartija DJ.

Serea de día, pirata de noite

Chucho

A banda "Chucho" será o prato forte da noite

O festival encherá de música, deportes e diversión a praia de Razo ao longo de todo o día e na noite do día 27. 

De día, todas as actividades serán gratuitas. Ao longo de toda a xornada, haberá competicións deportivas diversas: volei praia, se o nordés o permite, skate, surf e mesmo exhibición de capoeira. Ao mediodía, haberá sesión vermú a cargo da banda de música surf 4Waves. Os DJ´s sucederanse ao longo da tarde.

A noite chegará a Razo coa banda sonora do indie, o rock e a música surf, que protagonizarán os concertos dos grupos Holycrab, Wild Balbina, Franc3s, Chucho, Músculo!, e Lagartija DJ. Neste caso a entrada será de pago, a 8 euros, mais poderás obtela a prezo reducido se a compras con antelación.

Poderás obtelas a cinco euros, tres euros máis baratas que o mesmo día en taquilla.En Carballo, Malpica, Ponteceso e A Coruña atoparás puntos de venda, que podes consultar na páxina web do festival.


Vídeos

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica