Carballo a un paso

Inicio // Que ver // Praias // A Pedra do Sal e as furnas agochadas do Atlántico

Compartir:

A Pedra do Sal e as furnas agochadas do Atlántico

Praia A Pedra do Sal

Praia A Pedra do Sal

Ao norte de Baldaio atoparás a praia da Pedra do Sal, de fácil acceso e tamén incluída en Rede Natura. Penedos graníticos golpeados unha e outra vez polas ondas do mar compoñen a paisaxe característica deste areal. 

O lugar é idóneo para a observación xeolóxica. Fíxate nas fracturas que rachan as rochas: dan conta da formación de pequenas fallas, rupturas no terreo provocadas por movementos da codia terrestre.

Por un estreito carreiro á beira do mar, no tramo de litoral que conduce dende a Pedra do Sal até Caión, atoparemos unha sucesión de fermosas calas que aparecen coa marea baixa.

Praia de Leira

Praia de Leira

Nos últimos quilómetros da nosa ruta agóchanse tres fermosas praias, tranquilas e acolledoras, afastadas de xentío e multitudes: primeiro Arnela e Montefonte, e logo, xa nos límites con Caión, Leira.

Non contan con servizos de salvamento e socorrismo, mais gañarás en intimidade, xa que son praias pouco coñecidas mesmo para as veciñas e os veciños do concello.


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader