Dani Sordo: "Este é un circuíto bonito. Combina zonas moi rápidas con frenadas fortes"
Dani Sordo no V Autocross de Carballo
Esta fin de semana tivemos en Carballo a Dani Sordo, o piloto oficial de Citröen no campionato de Rallyes. Sordo competíu no V Autocross de Carballo, a terceira carreira mellor valorada das que compoñen o Campionato de España, en dúas modalidades, Car Cross e Monoprazas 4x4 (División III). Aproveitamos para falar con el xusto ao rematar a final B de Car Cross. En breve marchará para o campinato de rallyes de Finlandia.
-Estiveras en Carballo con anterioridade?
-Non, estiven na Coruña e en Arteixo pero non en Carballo.
-E que che parece este circuíto?
-Ben. Hai poucos sitios para adiantar, con moita recta e curva lenta, pero é bonito. O certo é que o circuíto é chulo.
-Un circuíto non moi longo pero técnico…
-É técnico, e nel é moi difícil adiantar, pero é bonito. Combina zonas moi rápidas con frenadas fortes.
-Como valoras a túa participación aquí?
-Non veño a facer unha valoración da miña participación. Veño a pasalo ben e a rodar un pouco un terra, e xa está.
-Que supón para ti, piloto oficial de Citröen no campionato mundial de rallyes, estar aquí, en Carballo?
-Para min é unha carreira máis. Non se parece moito ao que eu fago pero, polo menos, estás dándolle ao volante.
-Participas en dúas categorías. En cal te sintes máis cómodos?
-Gústame máis conducir o 4x4 que Car Cross. O Car Cross é tracción traseira, pesa moi pouco e gústame un pouquiño menos, pero cos dous gozo moito.
-Unha vez rematen as carreiras en Carballo, que vas facer?
-Imos xa para casa que hai que descansar. Teño un evento de promoción para Citröen e despois teño que facer o rally de Finlandia. Vou para aló tres semanas.