Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Hoxe clausúrase o curso de verán sobre...

Compartir:

Hoxe clausúrase o curso de verán sobre dinamización do galego

Txerra Rodríguez, da cooperativa EMUN

Txerra Rodríguez, da cooperativa EMUN

"A comunidade é o único instrumento que pode facer que o idioma viva ou morra". Esta frase de Txerra Rodríguez, da cooperativa vasca EMUN, sintetiza como ningunha o espíritu do curso de verán da Universidade da Coruña sobre dinamización lingüística que, ao longo destes tres días, se veu desenvolvendo no Fórum de Carballo. Para que unha lingua teña futuro é necesario que as persoas se motiven, se impliquen e se comprometan no seu uso.

O curso chega hoxe ao seu fin. Filólog@s, expertas e expertos en moi diversas áreas máis aló da lingua -dende a arquitectura até o coach empresarial- partillaron coñecementos e experiencias. O obxectivo, aprender novas estratexias e maneiras de facer para que a comunidade se implique no uso do galego.

Comunicar para implicar

O escritor Sechu Sende

O escritor Sechu Sende achegouse a Carballo para asistir ao curso.

Hoxe teremos con nós a Ania Piñeiro, da ONG "Implicadas no desenvolvemento". Esta organización non gobernamental galega, especializada en proxectos de cooperación e xénero, caracterízase polo éxito acadado, con poucos medios, polas súas campañas de comunicación. E de comunicación implicativa -de como impulsar á sociedade a mobilizarse a prol dunha determinada causa e conseguir que a faga súa- falaranos no curso.

Pechará as xornadas Marta Martorell, cunha charla na que abordará a importancia da activación da democracia participativa nos procesos de cambio social.

Foron tres días intensos nos que Carballo foi punto de referencia de lingüístas, técnicas e técnicos de normalización de moi diversos puntos de Galicia. Agardamos que lles resultara de proveito e que leven un bo recordo da nosa vila.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica