Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Esta fin de semana, Festa do Pan en Carballo

Compartir:

Esta fin de semana, Festa do Pan en Carballo

Pan de Carballo

O pan de Carballo é, con razón, un dos máis afamados de Galicia. Un pan esponxoso, cheo de ollos e moi saboroso, nacido dos trigais de Bergantiños e das augas do Anllóns, que durante séculos moeron o trigo ben finiño para facer a mellor fariña.

Se queres coñecer o noso pan, esta fin de semana tes unha excelente oportunidade. No lugar da Brea, zona coñecida polo bo facer dos seus panadeiros e panadeiras, terá lugar a Festa do Pan, unha das nosas citas gastronómicas máis coñecidas, que terá lugar o sábado 13 e o domingo 14.

Amasando no pan de Carballo

Onde hai pan, hai fartura

A fartura non faltará na Brea. Serán ao redor de 200 quilos de pan. Poderás degustar os nosos moletes de trigo e as nosas boroas acompañadas dun bo churrasco e unha apecible sardiñada, todo de balde, agás o viño.  Será o domingo ao mediodía.

A orquestra Os Tarantos de Ferrol encargarase de amenizar a festa, tanto o sábado como o domingo. Os dous días haberá sesión vermú e, o sábado, ademais, verbena pola noite.

Esta festa, que naceu hai máis de trinta anos, non sería posible sen a implicación dos panadeiros e panadeiras da Brea. Os moletes serán feitos e donados polas panaderías Nuria, Garcos, Mesejo e Lita.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica