Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Cultura refrescante para o verán carballés

Compartir:

Cultura refrescante para o verán carballés

Mercedes Peón

Mercedes Peón

Cultura para refrescar a época estival. Ese é o obxectivo da programación do noso "Verán cultural", que está a encher de música, maxia, literatura e teatro as fins de semana dos meses de xullo e agosto. Descubrirás en Carballo unha das vilas galegas cunha oferta de ocio máis dinámica e variada.

Un dos nosos pratos fortes será Mercedes Peón. Esta que é unha das nosas artistas máis coñecidas e valentes estará en Carballo para presentarnos o seu último traballo discográfico, Sós, que seguro nos sorprenderá coa súa mestura de sons étnicos, acústicos e electrónicos.

Peón é unha artista actual que bebe da tradición para reinventala, con temas comprometidos e baseados na súa experiencia de vida. Será na Praza do Concello o venres, 23 de agosto, e de balde.

Para peques

Glup Glup Teatro

Glup Glup Teatro

As e os peques da casa tamén teñen cabida no "Verán Cultural Carballés".  Foron varias as actuacións para público infantil este verán e aínda quedan máis. O venres 26 de agosto, é a quenda do grupo Glup Glup Teatro. Especializado en teatro infantil, traerá á nosa vila o espectáculo Catalina Lino Lina, na que unha personaxe de ficción se rebela contra quen a creou. E, na Praza dos Libros, haberá varios espectáculos para os nosos nenos e nenas.

Varios dos filmes do nosa programación de cine ao aire libre e de balde, farán as delicias da xente miúda da casa, como Ice Age 3, Tadeo Jones ou Rompe Ralph!

Libros e gastronomía

Festa do Berberecho en Noicela

Festa do Berberecho en Noicela

Non podía faltar para despedir os calores de agosto unha das nosas citas xa clásicas, a Praza dos Libros, feira literaria que encherá de libros, presentacións e actividades diversas o xardín municipal. 

Estes son só algúns botóns de mostra do noso verán cultural. Pero hai moito máis, como as citas ben gorentosas das nosas festas gastronómicas. Tal é o caso da Festa do Berberecho en Noicela e da do Pichorro en Cances, as dúas o 24 deste mes.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica