Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo a un paso

Compartir:

Carballo a un paso

Nova imaxe turística

Carballo a un paso

Carballo presenta a súa nova imaxe turística, "Carballo a un paso" que, xunto cunha serie de ferramentas de promoción turística, permitiránvos coñecer mellor todos os atractivos do noso municipio. Neste mes de San Xoán botamos a andar a web turística do concello, estreamos os novos folletos de información turística e mais vídeo promocional, e presentamos a Guía de Carballo, que elaborou o historiador Xan Fernández.

En Carballo queremos inaugurar o verán dando a coñecer o potencial turístico das nosas terras, a nosa costa, a nosa paisaxe e os seus espazos naturais, e queremos facelo cunha imaxe renovada e actual, que procura seguir as novas tendencias do marketing turístico.

A nova marca "Carballo a un paso" quere reforzar a idea de Carballo como un lugar próximo e estratexicamente situado, centro dun triángulo imaxinario conformado por tres dos principais puntos de atracción turística de Galicia: A Coruña, Santiago de Compostela e A Costa da Morte. Un lugar que, ademais, ten moito que ofrecer e que dar a descubrir a nivel turístico: a riqueza do seu espazo natural protexido Razo-Baldaio, incluído en Rede Natura; a beleza da súa costa, que conforma un dos areais máis longos de Galicia; o valor ambiental da lagoa de Baldaio, un dos humidais máis importantes do país e importante punto de observación de aves, e o Anllóns, como columna vertebral líquida que vertebra o concello e o seu núcleo urbano.

Con esta campaña turística, pretendemos dar a coñecer aquelas cousas que fan a Carballo único. Como o seu balneario, o único mineiro-medicinal de toda a Costa da Morte. Ou a súa singularidade a nivel xeolóxico, pois Carballo é o inicio dun dos máis importantes fenómenos da xeografía galega, a Depresión Meridiana, sucesión de fallas que cortan o terreo galego ao longo de 140 quilómetros, dende Razo até Tui.

Páxina web

Estes son, pois, os obxectivos, desta web turística que estreamos para vós e á vosa disposición, e que se complementará cunha ampla presenza nas redes sociais, como facebook ou twitter. Esta é, dende hoxe, a vosa ferramenta. Mais non a única coa que se vai apuntalar a nova imaxe turística do concello.



Vídeo Carballo a un paso

O vídeo "Carballo a un paso", que podedes ver colgado en youtube e nesta mesma web, chegou xa aos 3.200 visitantes. A guía turística "Carballo a un paso" proporcionaravos ampla información ao redor do concello e da súa historia e xeografía, ademais de contar con varias propostas de rutas polas nosas terras.

Os tres novos folletos de información turística ofrecerán un instrumento sinxelo, visual e atractivo para darlle coñecer Carballo de maneira rápida a quen aquí acaba de chegar. O folleto xeral ofrece información sobre as nosas costas, a nosa historia, o noso núcleo urbano, as férvedas, a nosa gastronomía, o balneario, a nosa fortaleza como lugar de compras, as alternativas de ocio activo e nocturno do concello e varias propostas de ruta.

Asesoramento experto

A nova imaxe do concello está asesorada por expertos e expertas en turismo. Non obstante será esta a terceira vez que celebremos no noso concello o curso de verán da Universidade da Coruña sobre turismo, que terá lugar, baixo o título "A evolución do turismo no marco da sociedade global: retos para a súa planificación e xestión", entre o 3 e o 5 de xullo.

Códigos QR

Esta campaña turística complétase con outras accións, como a sinalización con códigos QR dos principais puntos de interese turístico do concello. Poderás así, sempre que dispoñas dun móbil intelixente e teñas descargado un lector de QR, , ampliar a información sobre os mesmos de maneira rápida e sinxela.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica