Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Por parroquias // Bértoa

Compartir:

Bértoa

Muíno da Cheda

Muíno da Cheda

Extensión: 12,05 km²
Poboación: 158 habitantes

A parroquia de Bértoa está pegada á vila de Carballo e é, de feito, a zona cara a onde se expande o núcleo urbano. Crúzaa a transitada estrada que une Carballo e a cidade da Coruña.
En Bértoa encóntrase o polígono industrial de Carballo, cunha superficie de 718.000 metros cadrados, que está previsto ampliar até os 2.000.000 metros cadrados.

Na rotonda de acceso ao polígono, atoparás unha estatua realizada polo recoñecido artista Xosé Manuel Facal, de orixe carballés. De nome o "Escalo", a obra está elaborada case de modo íntegro con refugallos de metal.

Igrexa de Santa María de Bértoa

Igrexa de Santa María de Bértoa

A Igrexa de Santa María de Bértoa, de liñas sinxelas, foi construída no século XIX. Á súa beira érguese un cruceiro de cruz circular e leñosa. Non lonxe está o cemiterio, onde descansan os restos do pintor Luis Miguel, nunha sepultura sen inscrición, xunto a outros compañeiros tamén asasinados. Matárono na Guerra Civil nunha cuneta de Bértoa, no lugar de Queo.

Bértoa ofrece tamén apetecibles lugares para o esparexemento en contacto coa natureza, como son o muíño da Cheda e o refuxio de Queo. Aconsellámosche camiñar dende Bértoa até Carballo polo paseo do río Anllóns, cuxas marxes foron recuperadas en anos recentes.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica